Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Arzúa prepara mesa e mantel para a súa 42 Festa do Queixo

26/1/2017

0 Comentarios

 
Festa do Queixo Arzúa-Ulloa 2016 / queixosdegalicia.com
Non andarán lonxe nesta edición en número as 45 queixerías que participaron en 2016
O municipio coruñés de Arzúa traballa un ano máis nos previos para por en marcha unha nova edición da súa Festa do Queixo, un encontro que concentra en cada edición a milleiros de amantes deste produto, que acoden a cita coma se se tratase da festa patronal da que presumen tantas e tantas parroquias do país. Trátase do segundo queixo máis vendido de España é a posta en escea no Recinto Feiral Terra do Queixo e nas súas inmediacións da boa idea do acontecemento, que ten na música en vivo é en directo outro dous seus principais atractivos.

Como cada ano, coincidindo co primeiro fin de semana do mes de marzo, Arzúa celebra a Festa do Queixo, que entra xa na 42 edición. O sábado, día 4, entre as oito e as once da mañá, terá lugar a recepción de expositores e mercadorías, para inciar a partir deste última hora e ata as oito e media do serán a exposición e venta.

Ás doce da mañá do sábado, a actriz viguesa María Castro será a encargada de pronunciar o pregón,  que se adianta unha hora respecto a edicións anteriores para facer posible a celebración de actos programados.
As instalacións volverán abrirse á mesma hora o domingo, día 5 de marzo, para a recepción de expositores. A partir das 10 comezará  a exposición e venda, no que será o día grande do feiral.

Segundo os primeiros datos, pasan xa de corenta as queixerías que anunciaron que acudirán á cita -en 2015 fóron 45 e 60 os postos de exposición-. Ademais dunha ampla representación das catro denominacións de orixe galegas, acudirán outras de España.

No evento ten un protagonismo importante tamén o reclamo publiciatario da festa, cun concurso de carteis que contou con 52 propostas e que nesta ocasión tivo como gañadora a proposta 'rural', de Rubén Lucas García (Torreaguera, Murcia) que, curiosamente, gañou na pasa edición o terceiro premio.
​
Produción do Arzúa-Ulloa
No ano 2015, ó ultimo dos exercicios pechado na Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa,  vendéronse case tres millóns e medio de quilogramos de queixo e denominación medrou un 6 por cento en relación ao ano anterior.O crecemento, en palabras do presidente da DOP, Xosé Luis Carrera Valín,  está a ser sostido ao longo dos anos. O vendido en 2015 supón unha facturación duns 20 millóns de euros.
Festa do Queixo Arzúa 2016 / queixosdegalicia.com
Lácteos O Casal, un dos queixeiros galegos que espuxeron os seus productos no feiral de 2016
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia