Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Arzúa-Ulloa "suave e cremoso", segredo do seu "gran consumo"

12/4/2016

0 Comentarios

 
Xosé Luis Carrera Valín, presidente do Consello Regulador da Denominación Arzúa-Ulloa
Xosé Luis Carrera, presidente da DOP Arzúa-Ulloa / queixosdegalicia.com
Xosé Luis Carrera Valín, na última Festa do Queixo Arzúa-Ulloa
O queixo Arzúa-Ulloa conta desde 1989 coa denominación de Produto Galego de Calidade. En 1995 foi recoñecido como Denominación de Orixe Protexida (DOP) e na actualidade, ademais de ser o queixo de maior consumo en Galicia, é o segundo que máis se vende en España. As súas características permiten que sexa un alimento de gran consumo. A denominación ten unha ampla marxe para seguir medrando, xa que menos dun 10 por cento do leite que se recolle nos concellos da área xeográfica da DOP se utiliza para facer o produto. O presidente da denominación, Xosé Luis Carrera Valín, considera que non ten ningún sentido ampliar a área de produción.

Como evolucionou a Denominación de Orixe Protexida Queixo Arzúa-Ulloa?
O queixo foi recoñecido en 1995 como Denominación de Orixe Protexida, cunhas dez queixerías e delimitada por 25 concellos, 15 na provincia da Coruña e dez na provincia de Lugo. Alá polo ano 2008, pasaron a formar parte da denominación sete concellos máis do Deza.

E cal é o segredo de que sexa actualmente a segunda denominación que máis vende en España?
O certo é que o Arzúa-Ulloa, pola súa suavidade e pola súa cremosidade,  fai que sexa un queixo para todo tipo de padales.Pódese tomar en calquera momento e a calquera idade, porque non é un queixo forte, senón que é suave e con matices, moi agradable ao gusto. E iso eu creo que é o que fai que sexa un queixo de gran consumo.

Cales son as principais cifras da denominación?
No ano 2015 vendéronse case tres millóns e medio de quilogramos de queixo e medramos un 6 por cento en relación ao ano pasado.O crecemento está a ser sostido ao longo dos anos. O vendido en 2015 supón unha facturación duns 20 millóns de euros.

E crecendo...
Posibilidades de medrar hai, pero cada vez é máis complicado, porque con ese volume de produción resulta difícil seguir mantendo crecementos importantes. Pero sobre todo, o noso crecemento, agora, debería vir impulsado máis pola comercialización fóra de Galicia. A comunidade autónoma segue a ser o noso mercado natural , con aproximadamente un 80 por cento do producto consumido aquí. Polo que as posibilidades de crecemento empezan a estar, cada vez máis, fóra de Galicia.

Falamos dun queixo que pode estar tempo sen consumirse?
O queixo Arzúa-Ulloa é un queixo cremoso que ten un período de consumo preferente de tres meses desde a súa posta no mercado, pero, de feito, este queixo non caduca; pero se pode rotar e cada mes pode estar circulando, moito mellor, porque esa textura cremosa vólvese un pouco máis seca e xa non ten esas características tan particulares e peculiares que a xente busca neste queixo.  Por iso, a rotación neste queixo é importante.

Hai moitos matices cando se degusta?
Con ser un queixo tenro, non madurado, onde os matices mandan máis, si que ten particularidades.  Aínda que en termos xerais veña marcado por esa suavidade e cremosidade, cun toque a sabor lácteo e iogur por a súa xuventude,  ten matices, nos que hai que incluir os que aporta cada fabricante.

É revisable a ampliación xeográfica e que se chegue a zonas a cuxas portas quedou a denominación?
Creo que non, a revisión xa se fixo no seu día, por unha presión de queixerías que realmente xustificaron daquela que se facía o queixo nesa área xeográfica, agora non ten ningún sentido. Primeiro, porque a área xeográfica está bastante delimitada e responde a una tradición. Nós non delimitamos a área xeográfica porque este concello é mais guapo e este máis feo, non. Houbo na demilitación criterios moi obxectivos, sobre todo de tradición histórica de zonas que eran de tradición do queixo, e aí se delimitou. Non ten ningún sentido agora mesmo calquera tipo de plantexamento de ampliación porque, hai que recoñecer que dentro da área xeográfica o que estamos a transformar non chega ao dez 10 por cento do leite que se produce. Polo tanto, ampliar a área de producción de leite non ten ningún sentido. Temos marxe de crecemento dentro da denominación Arzúa-Ulloa sen ter que ampliar a área xeográfica.

Que aporta a festa anual do Arzúa-Ulloa?
Sempre digo que esta festa, para nós, é comparable a cando se celebra a do santo  patrón parroquial. E un dos patróns dos galegos, que hai moitos, é o queixo, o que lle chamamos o queixo do país, que todo o mundo coñece e que está en todos os fogares. Non en balde falamos de que esta produción que temos, de preto de tres millóns e medio de quilogramos, se vende en Galicia, co cal, é o queixo noso por excelencia. E na zona da Ulloa, e tamén aquí en Arzúa, honramos unha vez ao ano a ese patrón, a ese queixo noso. Entón, digamos que é celebrar a festa do queixo os elaboradores, os produtores e os consumidores. A xente cando vén non o fai para mercar un queixo que atopou aquí sen máis, senón que é un queixo que habitualmente atopa nos supermecados, duns ou doutros fabricantes, pero aquí vén a honrar o seu queixo, aquilo que come todos os días ven a honralo.  Hai vendas, pero non é o importante, hai promoción, porque sas nos medios de comunicación, pero mais que nada é a honra a ese produto.

A xente responde sempre...
Sempre. Vén a pesar das inclemencias meteorolóxicas, de que faga frío e a pesar de que veña a comprar un produto que mañán ten á porta da súa casa, no primeiro supermercado que teña de man. E a pesar de todo, vén a festa e leva un queixo de aquí.
​
Que perspectivas inmediatas hai para a denominación,  novos produtos...?
Non, a denominación de orixe é dun queixo cunhas características determinadas. Nós non podemos sacar outros produtos diferentes. Si que temos algunhas variantes, como pode ser o queixo con pementón, que é tradicional, e que pode ser unha variación na denominación Arzúa-Ulloa, ou queixo curado, cunha curación menor dos tres meses que temos como unha pequeña labor que está sen cubrir que  é para un queixo que non é o Arzúa-Ulloa cremoso nin é un de seis meses, senón que pode haber  un de tres ou catro meses. Todo dentro sempre dese perfil tipo do queixo que estamos amparando. Entón, o noso crecemento pasa por mellorar as presentacións, mellorar na comercialización ou poder chegar máis lonxe co produto para que o crecemento poida vir dado por este factor. Ou sexa, sobre todo, promoción e traballar cos máis novos, algo moi importante, porque cada vez hai máis produtos no mercado, incluso queixos. Traballar, por exemplo, cos colexios, facendo catas comentadas, colaborando cos centros de hostalería, donde hai moitas posibilidades. 
Xosé Luis Carrera presidente da DOP Arzúa-Ulloa / queixosdegalicia.com
Xosé Luis Carrera di que o Arzúa-Ulloa, con 3,5 millóns de quilogramos de venda, é o queixo galego por excelencia
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia