Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

As Pontes pecha a Feira do Queixo con éxito de público e vendas

9/10/2017

0 Comentarios

 
Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente / queixosdegalicia.com
As vendas de queixo foron especialmente significativas este ano
A IX edición da Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente pechouse o domingo con éxito de público, nunha xornada na que reinou o bo tempo e na que máis de cincocentos visitantes chegaron a tempo para atopar asiento e comer no propio recinto. Outros non tiveron tanta sorte e non puideron degustar o menú preparado para a ocasión por esgotarse os billetes de reserva á venda. Como estaba previsto, a sobremesa foi a base de queixo e mel locais e, se acaso, dalgún freixón que outro dos milleiros que se fixeron durante a xornada.

E se os visitantes foron moitos, as vendas tampoco quedaron atrás, xa que a fábrica local, Queserías del Eume,  tivo que repoñer pola mañá varias veces, en especial, dos dous novos produtos que presentou, o 'Eume madurado' -de tres meses de curación, en formatos de 1,4, 3 e 12 quilogramos- e o 'Eume afumado' con leña de abedul, con 45 días de curación e que se comercializa en pezas de 1,5 quilogramos.  

E no ámbito gastronómico, como cada ano, foron protagonistas tamén os meles de distintos puntos de Galicia, desde os Ancares ata os do veciño municipio da Capela e, por suposto, os dos produtores da parroquia de Goente, baixo a etiqueta da asociación Casa do Mel.

O pasado ano foron arredor de 1.200 persoas as que fixeron algún tipo de compra, co que,  aínda que non hai unha cifra oficial de asistencia, son varios os milleiros que acoden a este feiral, segundo o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso,  quen non oculta que haberá que pensar na posibilidade de buscar un espazo máis amplo para celebrar o encontro, xa que "crece ano a ano", sinala.

Máis queixerías, nova ubicación

O Concello das Pontes aporta, fundamentalmente, os cartos para por en marcha a feira, uns 18.000 euros.  Da organización encárganse a Casa do Mel, as Asociacións de Veciños Raíces e Virxe do Carme e Queserías del Eume.

Para o rexedor municipal, o da presenza ou non de máis queixeiros é un debate que os propios organizadores deben afrontar aínda que, na súa opinión,  ten que haber queixos doutros puntos de Galicia e mesmo de España, porque será algo que non faga máis que enriquecer e impulsar a feira. Insistiu, non obstante, en que hai "un problema de espazo" para a celebración, polo que se se incrementa o número de expositores, haberá que cambiar de ubicación. E isto parece que é o que está influíndo en que se tome a decisión.
Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente / queixosdegalicia.com
As reservas para comer foron aumentando...
Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente / queixosdegalicia.com
... e ás dúas da tarde xa non había sitio para tanta xente
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia