Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

As Pontes: sete anos potenciando o queixo e o mel locais

13/10/2015

0 Comentarios

 
Feira do Queixo do Eume / queixosdegalicia.com
Os visitantes deron boa conta do queixo da fotografía, de máis de cen quilogramos
A gastronomía volveu centrar unha edición máis a Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente, que aínda coa ameaza constante das nubes, logrou esquivar a chuvia. En total foron arredor de 800 os comensais que, entre o xantar e a merenda programadas, compartiron mesa e mantel na carpa instalada no campo da festa da referida parroquia.

Foi todo ao grande, xa que se nos fogóns  se puxeron paelleras capaces de elaborar de 200 a 300 racións, non resultou menos apropiada a máquina para preparar os freixós, dos que, segundo as previsións máis optimistas, poderían haber saído entre 4.000 e 5.000  unidades. Ademais de consumilos no propio recinto, como un complemento máis da comida, os asistentes puideron levar  tamén os freixós para a casa, a razón de tres euros por cada seis unidades.

Os que se apuntaron á comida pagaron 20 euros, que quedaron en tres euros para os que acudiron á meranda.

Queixo, requeixo e mel
Pero ademais do churrasco, a paella, as mantecadas e os freixós, os comensais puideron dar boa conta tamén dos queixos e dos requeixos da zona, elaborados por Queixerías do Eume, con 50 anos de tradición na preparación dos derivados do leite.

E como produto estrela igualmente neste encontro, estivo presente o mel de Goente, xunto cunha boa representación de meles de moi distintos puntos de Galicia, como Vilalba, Viveiro, Cabanas, Valdoviño ou Quiroga.

Como en edicións anteriores, a feira contou co patrocinio do Concello das Pontes de García Rodríguez, baixo a organización da Casa do Mel de Goente,Quixerías do Eume  e dos colectivos veciñais Raíces e Virxe do Rosario.

Obradoiros de barro, velas, cestaría ou queixo, así como xogos tradicionais e karts, completaron a oferta da xornada dominical, que rematou cunha verbena.

Queixerías do Eume, a Casa do Mel e as referidas asociacións veciñais levan sete anos, coa axuda do Concello, promocionando diversos produtos típicos do municipio, o queixo, as mantecadas e requeixo e o mel.

Queixerías do Eume tiña antiguamente a fábrica na parroquia de Goente, aínda que andando o tempo trasladou a fábrica  a A Faeira, dentro tamén do municipio. A súa produción está en arredor de 140.000 quilogramos, que venden fundamentalmente en Galicia.

Feira do Queixo do Eume / queixosdegalicia.com
En menos dunha hora, centos de comensais encheron as mesas quilométricas do feiral
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Junio 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia