Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

​A Capela celebra o 28 de agosto a XXVIII Festa do Requeixo

26/8/2016

0 Comentarios

 
XXVII Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.com
En 2015 asistiron á festa gastronómica da Capela uns 5.000 visitantes

​Un ano máis, fiel á súa cita, o Concello coruñés da Capela, en estreita colaboración coa Cooperativa  Campo Capela, volve convocar o domingo 28 de agosto aos amantes da gastronomía para celebrar na capitalidade do municipio a XXVIII edición da Festa do Requeixo. No encontro,  que se celebra nas Neves,  volverán darse cita miles de visitantes para degustar este produto. As previsións iniciais falan de 8.000 terrinas de requeixo á venda.   
Se o tempo axuda, que parece que así será, o número de asistentes podería sobrepasar os 5.000 que se estima que acudiron o pasado ano.

Xunto coa festa gastronómica, que conta coa presentación dunha ampla proposta da Coperativa Campo Capela (queixo, fresco, queixo do país, queixo de Tetilla, queixo en aceite, manteiga, nata ou o licor de requeixo) o encontro inclúe a venda doutros queixos de Galicia e de produtos artesanaís, repartidos  en ducias de postos de venta nos que non faltan tamén propostas de artesanía.

Para a ocasión, os organizadores prepararon igualmente para os visitantes unha exhibición de cetrería, así como xogos populares e un espectáculo de maxia que correrá a cargo do ilusionista Kiko Pastor.

Actuacións musicais
​
As actuación musicais, que nunca faltan, serán nesta ocasión  a cargo da Banda de Gaitas Álvaro Cunqueiro de Lugo, do grupo musical tradicional Arnela, da banda de Gaitas Alfaia e do músico e acordeonista Andrés Penabad.

Son xa, con este nova edición, 28 anos de celebración dunha festa que conta cunha gran aceptación. Moitos dos asistentes acoden ao recinto festeiro coa intención de degustar aquí o requeixo (con ou sin azucre). Pero son moitos tamén os que o adquiren para disfrutalo na casa. Os prezos son populares: 1,70 euros por terrina. 
XXVII Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.com
Visitantes, diante dos produtos ofertados en 2015 pola Cooperativa Campo Capela
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia