Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Queixería 'Bo-Queixo', ouro no padal

9/2/2016

0 Comentarios

 
Queixería 'Bo-Queixo' / queixosdegalicia.com
O Arzúa-Ulloa de 'Bo-Queixo' mereceu o ouro na Cata de Queixos de Galicia 2015 e o Tetilla a distinción de prata
Camiño de  catro anos despois da aposta pola produción de leite -e hai disto uns dezasete-, púxose en marcha 'Bo-queixo'. Xurdiu como unha unha alternativa a unha pequena empresa familar que non podía cubrir as súas expectativas, con setenta vacas en plena producción. Como noutros moitos casos, diante da  imposibilidade de mercar cota láctea, a opción foi montar unha queixería. E en boa hora.

Aquela  foi unha aposta que lle deu e lle segue dando aos seus impulsores-o matrimonio formado Isabel García (queixeira) e Xosé Castro- satisfaccións engadidas. E iso non só no que se se refiere á conta de resultados pola comercialización dos dous productos que traballan - os queixos con Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa e Tetilla-, senón pola calidade, que acaba de ser recoñocida non hai nada con medallas de ouro e prata.

Os galardóns contan, pero non pensan en producir moito máis. Son xeitos vivir e de entender un mundo empresarial que ten neste caso sen máis, como se ve, sastisfaccións e recompensas na calidade.
De feito, Bo-Queixo non pensa en medrar. O obxectivo é, a partir calidade con que conta, manter o mercado actual e, se acaso, producir algo máis ata cubrir as "perspectivas de traballos que nós deamos acaparado", sinala Isabel García.

25.000 quilogramos de queixo anuais
Na actualidade, 'Bo-Queixo', non produce,  recolle todo o leite fóra. Son arredor de 180.000 litros de leite que se transforman nunha producción media de 25.000 kilogramos de queixo anuais, que se distribúen, por enteiro, no mercado galego.

'Bo-Queixo' ten un reparto pequeño que vai directamente de fábrica ao consumidor, pero en boa medida traballa con distribuidores. A distribución sitúase, sobre todo, na provincia da Coruña, con algunha representación tamén nas de Ourense e Pontevedra.

Ata agora, podían atoparse os seus productos en pequenos supermercados, tendas de alimentación ou tendas gourmet, pero os dous recentes galardóns obtidos na última Cata dos Queixos de Galicia,  axudaron á súa inminente venda nos supermercados Gadis.

Hai catro anos que 'Bo-Queixo' se presenta ás Catas dos Queixos de Galicia e, dende entón, non hai concurso no que no obteña unha distinción, mái grande ou máis pequena. Conta a marca cun cuarto e un sexto premios, así como con dúas 'pratas' no ano 2013 (Arzúa-Ulloa e Tetilla). O último recocemento foi na cata de 2015, con ouro (ArzúaÚlloa) e prata (Tetilla).

O Arzúa-Ulla presentase en formatos de cincocentos gramos e un e tres quilogramos, mentres que a Tetilla ofrécese nos formatos de  cincocentos-seiscentos e oitocentos-novecentos gramos.

Visitar e mercar
A produción desta fábrica céntrase fundalmentalmente na elaboración de Arzúa-Ulloa, catro veces máis que no caso do Tetilla. Iso, segundo aclara Isabel García, porque a Tetilla "é máis queixo de turistas" e porque para a xente que vén, o queixo típico de Galicia segue a ser o Tetilla. Sen embargo, aclara, que na comunidade autónoma, o consumo está moito máis orientado cara ao Arzúa-Ulloa.
​
A queixería está situada no lugar de Orto , parroquia de Boqueixón, no concello coruñés do mesmo nome.  Previa cita, 'Bo-Queixo'ofrece ao longo do ano, cada fin de semana,  a posibilidade de visitar as instalacións,  coñecer o proceso de fabricación, degustar os seus produtos e, por suposto, adquirilos na pequena tenda que teñen aberta aou público. Visitas organizadas non lle faltan. 
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia