Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

"Buscamos maior conservación para o Tetilla"

10/7/2019

0 Comentarios

 

Javier Sampayo, presidente do Consello Regulador da DOP Queixo Tetilla

Javier Sampayo DOP Tetilla / queixosdegalicia.com
Sampayo é recoñecido produtor galego. De Queixos Anzuxao (Lalín/Pontevedra) saen Tetillas co selo de Galicia Calidade
En xullo de 2017, Javier Sampayo foi nomeado presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixo Tetilla, en substitución de Carlos Cid González. Aterrou nesta nova responsabilidade cando se estaba traballando na celebración dos 25 anos de existencia desta denominación. Lembra que nestes últimos tempos, as cousas non foron "doadas", posto que coa chegada da crise, o forte crecemento sostido de anos atrás experimentou unha importante caída nas vendas a partir de 2010 (que eran por entón de 2,24 millóns de quilogramos). As cousas melloraron ao tempo que o fixo a economía e ao peche de 2018 a produción pechaba nos 1,52 millóns de quilogramos. Pero os novos tempos reclaman propostas novas.

Como está a situación agora, porque o Tetilla segue a ser un queixo emblemático, tamén fóra de Galicia…

Antes había uns picos moi importantes de venda no verán. Pero hoxe, a Tetilla está máis afianzada, cun consumo cada vez máis desestacionalizado, con máis saída durante todo o ano, sen ter que esperar a que veña xente de fóra para mercala.

E como foi a aterraxe na Denominación de Orixe?

Moi ben. Para min é un traballo doado. Está a secretaria da denominación, Marisé Mosteiro, que é a que leva o peso do Consello, polo que para min, insisto, é moi doado.

En breve síntese, cal é o balance destes primeiros 25 anos da denominación?

Unido á calidade, é importante igualmente a mellora das vendas. Pero, como xa dixen, non é algo doado. Estamos traballando agora coa venda por metades, co etiquetado en cada una das partes, e haberá que esperar resultados…

Hai propostas innovadoras?

Pois estamos co tema do envasado; buscamos que o queixo poida estar máis tempo en óptimas condicións; e traballamos tamén na celebración de cursos de cara a unha maior profesionalización dos queixeiros en todo o proceso de fabricación. Isto é para nós moi importante.

E de cara aos futuros consumidores, Tetilla traballa tamén na proxección do seu consumo, por exemplo, cos nenos, na escola?

Si, si. Este é un labor dos secretarios dos consellos das denominacións de orixe. Hai un programa no que están tanto San Simón da Costa como o Arzúa-Ulloa, Tetilla e Cebreiro que fan catas conxuntas non só para colexios, senón para outros colectivos como asociacións de amas de casa, etcétera.

Fóra de Galicia, o Tetilla segue a ser o máis coñecido dos queixos galegos…

Si, O Arzúa-Ulloa e o segundo en vendas en España, o San Simón da Costa é un queixo curado que ten moita demanda fóra, pero o máis coñecido é o Tetilla.
​

0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia