Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Cebreiro: queixo, turismo e moito sol

7/4/2023

0 Comentarios

 

Feira do Queixo do Cebreiro  / queixosdegalicia.com
O bo tempo axudou a abarrotar a explanada do recinto feiral

​QdeG/A.S.R.

Con neve ou con sol, a Feira do Queixo do Cebreiro ten éxito asegurado. A meteoroloxía terciou hoxe na montaña lucense por a presenza notable do astro rei, polo que non faltou a manga curta, aínda que no recinto feiral  houbo unha certa prevención. Retencións 'suaves' xa antes do mediodía nos puntos acceso, permitían falar xa daquela que o feiral gañaba en número de visitantes en ralación con edicións anteriores.  

O balance provisional é que este ano houbo  "máis xente que en ningún ano anterior", con algúns postos de Cantabria ou coa presenza dun produtor queixeiro dos Alpes franceses. A previsión do alcalde do Concello de Pedrafita, Xosé Luis Raposo,  é incrementar en anos sucesivos unha demanda de postos que este ano non se poido atender na súa totalidade.

Sol e neve

Lembrou Xosé Luis Raposo que un ano nevou e "tivemos boa feira", porque "nós, como vedes, hilvanamos todo para intentar facela, dentro do que cabe -porque pode haber un día malo-, e entón temos catro lugares onde cada un se instala segundo a denominación que teña. E funciona igual, aínda que chova ou neve", dí.

Tres queixerías

O balance da xornada no que se refire á asistencia cadra coa da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro. A súa secretaria, María Teresa Prado, sinala que na proxección deste feiral funcionan ben "nos dous estremos", tanto o sol como a neve. E resalta tamén, ademais da variedade de productos que se poden atopar, a proposta de coñecer "unha zona turística tan bonita, como Pedrafita e ir tamén ao Cebreiro".

Aínda que a DOP Cebreiro non está medrando en quexerías, si que está aumentando a produción. De feito, unha delas terá que aumentar a cámara de curado para a abastecer a demanda que ten. A denominación elabora arredor de 40.000 quilogramos anualmente, que producen as tres queixerías que hoxe atenderon as demandas.

Pregón con mensaxe

Camiño xa da unha da tarde deste venres, tal como estaba previsto na explanada do feiral, fixo a xornalista Tamara Raposo un repaso da historia do queixo do Cebreiro, do seu esforzado proceso de recuperación e dese anónimo e o ímprobo labor das mulleres que foron precursoras para avanzar na recuperación -no seu labor doméstico-  dun queixo que aló polo ano 1750, na historia xeral do Reino de Galicia, supuña "un dos mellores gustos e dos mais delicados do mundo", que o converteron  no cuarto queixo máis caro de Europa.    


Feira do Queixo Cebreiro / queixosdegalicia.com
Na imaxe; Fonchave, Castelo e Santo André, os tres queixos da DOP Cebreiro

Foto
A pregoeira, Tamara Raposo, recoñeceu o labor anónimo das mulleres que contribuiron a recuperar o queixo Cebreiro

0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Junio 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia