Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

De Don Crisanto a Santo André...

19/12/2018

0 Comentarios

 
Premios Cata dos Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
O presidente da Xunta sinalou na entrega de premios que as denominacións queixeiras facturan 34 millóns de euros
De Don Crisanto (Tetilla e San Simón da Costa) a Santo André (Cebreiro curado), pasando por Dona Cobina (Arzúa-Ulloa), Gran Despensa Real Abadía de Samos (Cebreiro) e Artelac (Arzúa-Ulloa Curado). Todos eles son os afortunados cos Premios da  XXI Cata dos Queixos de Galicia, que onte se entregaron nun acto celebrado en Santiago de Compostela.

Os afortunados terán este ano que entra, sen dúbida, un lugar destacado nas preferencias dos consumidores, interesados polos polas novidades que sempre supoñen as medallas de ouro, prata en bronce coas que se recoñecen os mellores queixos acollidos ás catro denominacións de orixe protexidas galegas.

A Queixería Don Crisanto (Vilalba-Lugo) acadou este ano nada menos que as medallas de ouro das denominacións Tetilla e San Simón da Costa; Dona Cobina, con fábrica en A Golada (Pontevedra), recibiu o galardón de ouro na denominación Arzúa-Ulloa;  e Gran Despensa Real Abadía  de Samos (Samos-Lugo) obtivo idéntico premio na denominación Cebreiro. Para os queixos curados, o ouro foi nesta ocasión para Artelac (Antas de Ulla-Lugo), na denominación Arzúa-Ulloa;  e para a Queixería Santo André (Castroverde-Lugo), na denominación Cebreiro.

Máis de 34 millóns de facturación

As catro denominacións de queixos galegas facturan máis de 34 millóns de euros, segundo descatou hoxe o presidente la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na entrega dos premios. É unha cifra importante, que permite que tanto a Denominación Arzúa-Ulloa como a do Queixo Tetilla se sitúen nas primeiras posicións nas listas de vendas dos queixos españoles. Por produto comercializado, o Arzúa-Ulloa está no segundo lugar, e no cuarto o Tetilla, unha relación que queda no segundo e quinto lugar, respectivamente, se se fala do valor económico.

No acto estivo tamén o conselleiro do Medio Rural, José González, quen fixo fincapé na excelencia dos queixos galegos, ensalzando, en xeral, a "extraordinaria" calidade dos produtos agroalimentarios da comunidade autónoma. 
​
Premiados Cata dos Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
Relación de premiados nesta XXI Cata dos Queixos de Galicia
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia