Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Don Crisanto', o sabor do mellor queixo español

17/2/2019

0 Comentarios

 
Queixería Don Crisanto / queixosdegalicia.com
O queixo San Simón a Costa Don Crisanto foi nestes dos últimos años o mellor queixo español
A Queixería Don Crisanto iniciou a actividade en 1990, na parroquia vilalbesa de Lanzós. Nese ano puxéronse en marcha outras cinco co selo da  parroquia que lle dá nome á denominación deste valorado produto: San Simón da Costa. Daquela, todas tiñan a súa gandería propia. Para todas, as cousas foron mellorando e  foise pasando do autoabastecemento a mercar leite da zona das características esixidas.

'Don Crisanto' segue a ser unha pequena queixería, con nada menos que dous premios especiais nas últimas edicións de 'Alimentos de España' ao mellor queixo. Na cata de queixos de Galicia do pasado ano,  acadou as medallas de ouro da denominación Tetilla e San Simón da Costa.

Nos comezos, a queixería, sacáballe máis redemento ao  produto, segundo asegura Cristina Román Candemil, que xunto coa súa parella, Iván Díaz Souto, tomaron o relevo dos pais dela, que se xubilaron no ano 2014.

Na arrancada, como sucede na maioría das pequeñas empresas queixeiras,  as dificultades abundaron e os resultados en produción e venda foron cativos. Neste caso, lembra  Cristina Román que se facían uns sete queixos diarios. Hoxe están en arredor dos corenta por xornada.
A  produción anual desta empresa familiar non chega aos 100.000 quilogramos. As vendas, fanse na propia queixería, en diversas feiras e nalgunhas pequenas tendas. Fan campañas tamén de promoción en Asturias e Cantabria, e venden "algo" fóra de España, "pero pouco máis" sinala Cristina Román.

Calidade e valor engadido

A queixería estaba dentro do grupo exportador de queixos de San Simón da Costa, pero como se trata dunha produción pequena,  a 'Don Crisanto' non lle compensaba estar aí. Recoñece  - como nalgún caso máis dos fabricantes do San Simón da Costa-  que teñen limitacións na produción. Iso non quita para que esta como as restantes queixerías teñan uns compradores preferentes, incondicionais,  que buscan un producto ou outro en función de súa elaboración, do afumado, de que estea máis ou menos salgado ou dos pequenos segredos que cada fabricante lle engade aos seus queixos.

Ademais das tradicionais pezas do San Simón da Costa, 'Don Crisanto' cota coa proposta do bufón- o tamaño pequeño-, así como do curado -de seis meses como mínimo- e o igualmente popular patelo, xunto co seu requeixo.  

Esta empresa traballa en incrementar o valor engadido de produción a través da transformación. Hoxe benefíciase das aportacións de transformación que impulsa a Administración autonómica e despois de diversas ampliacións constituíuse como Sociedade Agraria de Transformación (SAT).

Queixería Don Crisanto / queixoadegalicia.com
Queixería Don Crisanto. na promoción do seu San Simón da Costa na Feira de 2013
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia