Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

El Labrador Estradense, 76 anos facendo queixo 

15/1/2017

0 Comentarios

 
EL Labrador Estradense / queixosdegalicia.com
Daniel Torres sostén na man esquerda o Tetilla que obtivo o premio de prata da última Cata de Queixos de Galicia
Daniel Torres SL-El Labrador Estradense é un clásico na elaboración de queixos galegos. Son máis de tres cuartos de século xa transformando o leite producido no país en favor de produtos diversos que tiveron e teñen sempre unha boa acollida entre os consumidores. Non sen moito traballo, hai que dicir que se trata dunha empresa profeta na súa terra. Por que será? Se acaso, ou seu gran lema 'queixo de familia'  pode axudar a entendelo.

Trátase dunha fábrica cunha plantilla que oscila entre as cinco-seis persoas -incluídos os vendedores-, que diariamente, con dous-tres coches en circulación, colocan os seus produtos tanto en restaurantes como en pequeños ultamarinos que hoxe, "por desgracia, están desaparecendo", lamenta Daniel Félix Torres Lea, administrador de El Labrador Estradense.

"E levamos o produto tamén a Santiago, Vilagarcía ou Lalín", argumenta, cun recorrido pola zona de Pontevedra- A Coruña, á área de influencia directa. Tamén traballa a empresa con Gadisa, no caso de Santiago e na zona da Estrada, aínda que "a gran aposta é pola venta diaria directa é en contacto  co cliente", recalca Daniel Torres. 

En 2015, esta empresa celebrou o 75 aniversario e o lema foi 'queixo de familia', porque, tal e como recoñeceu administrador, "somos unha familia todos". Teñen unha completa páxina web e un libro conmemorativo que reflicte ao detalle como foron as cousas desde 1939, xusto cando comezaron, rematada a guerra civil española.

El Labrador Estradense trata diariamente unha media de catro mil a cinco mil litros de leite,  que supoñen, un mes con outro, entre sesenta mil e setenta mil litros de leite, o que sea traduce,  a súa vez, entre sete mil e oito mil quilogramos de queixo. Anualmente, a facturación está nuns 400.000 euros.

A zona de Tabeirós-Terras de Montes non estaba aberta inicialmente á produción do queixo Arxúa-Ulla, pero co recoñecento, xunto coa zona do Deza, para traballar este producto, aumentou un pouco a súa fabricación baixo dita denominación de orixe protexida. Argumenta o admistrador de El Labrador Estradense que se trata dun queixo igual que os restantes galegos, pero cunha certificación cuns poucos máis de controis. No que se refire ao queixo de Tetilla, sinala que está no segundo posto. Hoxe, pola súa forma, polo corte ou polo que poida significar de cara ao consumidor, o Arzúa-Ulloa di que está máis no mercado.

Entre os productos que ofrece esta fábrica pontevedra está o coñecido o queixo de 'bola' , de trinta, corenta ou  cincuenta días de curación. Coñécese como queixo de 'bola' porque imitou  no seu momento na forma e na presentación ao holandés, que tiña antano, no 'Trebol' de Larsa, o seu o exemplo máis emblemático. Séguese a comercializar co seu parafinado tradicional vermello  e co seu característico papel celofán. O seu particular sabor hai que buscalo nunha maior curación e nunha menor cantidade de materia graxa que no caso do Arzúa-Ulloa. Polo demais, o leite é o habitual.

Fabrica tamén esta empresa estradense queixo de barra, de gran saída nos restaurantes- para cortar e lonchear- en pizzarías e, por suposto, tamén para comercializar en tacos.

Séguelle na oferta  'A Ponte Vella' -do que se fala noutro apartado de queixosdegalicia.com, un queixo gallego de máis curación é que vai na procura de novos padales e demandas.

Queixo e marmelo
Hai anos atrás,  a sobremesa tradicional non deixaba ser ser o queixo con marmelo. Daniel Torres afirma, que en Galicia "non deixamos de ser de queixos de sabores tenros", e non oculta que é un amante do produto, e que come queixo todos os días, "porque me apetece, porque me gusta; e como de calquer queixo", asegura. Non é estraño, porque como el mesmo lembra, a sobremesa máis tradicional que había desde hai unhas boas décadas a esta parte era o queixo con marmelo, aínda que este último chegase ás tendas procedente de Puente Genil, en grandes latas, e se consumira a granel nos nosos fogares  en porcións.  Cabe lembar, neste punto, que Puente Genil (Córdoba), ten hoxe un lema: "donde el sol se hace dulce".

Apunta tamén Daniel Torres que, hoxe, afortunadamente, os grandes restauradores xa traballan cos queixos, e que nas guías hai grandes receitas co produto.

Premio e futuro
El labrador Estradende participa todos os anos na Cata de Queixos de Galicia, na que se vai colocando, un ano con outro, entre os dez primeiros clasificados dunha ou otra das denominacións coas que traballa.  Nesta última edición obtivo o segundo premio para o Queixo de Tetilla.                            
Á hora de falar de  proxectos e do futuro, Daniel Torres fala de "continuar", e non oculta que está e meses das xubilación e aínda que ten dous fillos, cadanseu coa súa profesión. Non desbota continuar algo máis, mentres se aclara a continuidade e recoñece que ser queixeiro é  moi sacrificado. 
El Labrador Estradense / queixosdegalicia.com
Gama de produtos de El Labrador Estradense
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia