Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

En marcha os cursos sobre queixos  con Denominación de Orixe

31/8/2020

0 Comentarios

 
Queixos con Denominación de Orixe / queixosdegalicia.com
Arzúa-Ulloa, Tetilla, San Simón da Costa e Cebreiro: os catro queixos obxecto dos cursos formativos
O Pazo de Quián -en Sergude (Boqueixón / A Coruña)- acolleu esta tarde o primeiro dos vinte cursos sobre os queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida (DOP), dirixidos ao persoal de industrias agroalimentarias (ou vinculado a este sector), así como a persoas pertencentes ao eido primario ou transformador. Esta acción formativa está organizada pola Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), e impartido polo Departamento de Protección da Calidade Diferenciada desta axencia.

O curso está integrado no Plan de formación ao agro galego 2020 e ten unha duración de cinco horas. No seu programa trátanse cuestións como as características, calidades e particularidades dos queixos galegos con DOP, os seus procesos de elaboración, os elementos propios de cada denominación, os consellos reguladores e a análise sensorial destes produtos.

Esta mesma acción formativa repetirase o vindeiro mércores, tamén no Pazo de Quián, e con idéntico programa e duración. En total, ambos cursos permitirán formar unha vintena de alumnos. Cómpre lembrar que na comunidade autónoma hai catro queixos con DOP. Trátase do Arzúa-Ulloa, Tetilla, San Simón da Costa e Cebreiro.

Cursos gratuítos

Boqueixón volverá acoller a experiencia os  vindeiros 21 e 23 de setembro. As seguintes datas do plan formativo - en Lalín- serán os días 7 e 9 de setembro e 5 e 7 de outubro. Logo chegará ao Cebreiro, os días 14 e 16 de setembro, para recalar en Vilalba o 28 e 30 do mesmo mes.
Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, acollerá os días 13 e 14 e 19 e 21 de outubro as xornadas, que chegarán a Palas de Rei os días 26 e 28 de outubro. E finalizarán en Melide, os días 9 e 11 de novembro.

Impulso de actividades formativas, de demostración e información

O principal obxectivo do Plan de formación ao agro galego -no que se integran estes cursos- é impulsar o desenvolvemento de actividades formativas, de demostración e información que desenvolve a Consellería do Medio Rural. Con estas accións, preténdese contribuír a que os coñecementos cheguen aos seus últimos destinatarios: agricultores, gandeiros, silvicultores ou representantes da industria agroalimentaria.
​
Do que se trata é de mellorar a capacitación dos traballadores dos sectores agrario, agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades, incidindo -cando sexa preciso- na reordenación das producións e no emprego dos métodos produtivos respectuosos coa conservación e na protección do medio.
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia