Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Friol acolle o 22 de marzo a Feira do Queixo e Pan de Ousá

11/3/2015

0 Comentarios

 
Feira do Queixo e Pan de Ousá / queixosdegalicia.com
A Feira de Friol abrirá as súas portas ás 11,30 horas, nunha xornada na que non faltarán diversas actuacións musicais
A Feira do Queixo de Friol e do pan de Ousá celebrarase o próximo 22 de marzo. Esta cita, que cada ano organiza o concello lucense, entra na súa XXIII edición, cun programa de actos que se desenvolverá ata as 12 da noite.  

As actividades iniciaranse ás dez da mañá, co tradicional lanzamento de foguetes  de artificio. Media hora despois procederase á asignación dos postos de venda e ás once e media abrirá o feiral.

Haberá pasarrúas, a cargo da Banda de Tambores As Angustias de Ferrol, a Charanga de Vilalba e a agrupación local Xesta Verde de Friol, que terán continuidade ata as dúas e media da tarde. Ás oito do serán comezará a festa, coa actuación da orquesta 'Filadelfia.

9.000 queixos,  2.500 pans
Segundo as primeiras estimacións, a esta nova edición espérase que acudan unhas 90 queixeiras , cunhas 9.000 pezas á venda, fronte aos 2.500 pans que se espera que estean a disposición dos visitantes.  

Os queixos elabóranse na práctica totalidade das 29 parroquias que conforman este municipio lucense. Os prezos de venda están en función de tamaños e grao de curación, aínda que para a ocasión, o rexedor municipal, Antonio Muíña, pediulles por carta  aos produtores una maior atención na produción e presentación do queixo, de tal xeito que se poida ir cara a una unificación que se entende que redundará en beneficio de todos.

Onde non haberá diferenzas será no prezo do pan, xa que os catro panadeiros que acoden da parroquia de Ousá cocerán pezas cuxo prezo que estará ao redor dos 2,50 euros.

Xunto coa proposta do pan e o queixo, nun recinto feiral que contará cunha gran capa, os miles de visitantes que se esperan  terán outras como como as dos postos artesanais e agropecuarios e a do polbo.

Feira do Queixo e Pan de Ousá / queixodegalicia.com
O queixo volverá a ser un ano máis a gran atracción
Feira do Queixo e Pan de Ousá / queixosdegalicia.com
Os visitantes esgotarán as existencias de queixo e pan
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia