Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Goente: dez anos de queixo e mel

12/10/2018

0 Comentarios

 
Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente / queixosdegalicia.com
Xunto coa oferta local de Queserías del Eume hai cada ano outras interesentes propostas
A Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente celebra este domingo, 14 de outubro, nova edición. Chega, deste xeito, aos  seus primeiros dez anos promocionando dous dos seus produtos estrela, cuxa elaboración está centralizada en dúas parroquias do municipio coruñés de As Pontes de García Rodríguez:  A Faeira e Goente.

O feiral abrirá as súas portas ás dez da mañá, coa apertura dos postos de mel e queixo dos produtores locais e coa aportación de diversos artesáns procedentes de distintos  puntos de Galicia.

Seguindo o programa de actividades, ás 12 da mañá, porase en marcha un obradoiro de balde para a elaboración de queixos, dirixido aos nenos. A proposta inclúe todo o proceso, desde o munguido das vacas para a obtención do leite fresco ata o etiquetado do produto.

Media hora despois, comezará a mostra de xantares e una degustación a cargo de Pata Celta, actividades coas que se pretenden por en valor os produtos gastronómicos locais nunha cociña na que a innovación e tradición van da man. Non faltará, xa que logo, o potencial do queixo e do mel nos fogóns.

Despois da comida popular, ás 16,30 horas celebrarase un novo obradoiro de queixo -neste caso para o público en xeral-  e, ás 17 horas, o cómico David Perdomo ofrecerá un entretido monólogo. Ás 19 horas entregaranse os premios dos sorteos convocados e procederase á clausura da feira.
​
Durante toda a xornada, os organizadores apuntan que haberá postos de comida, incluída a 'gastroneta'  Andarubel, que ofrecerá as súas coñecidas hamburguesas autóctonas, nas que o queixo -neste caso o queixo local- é un dos protagonistas. 
Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente / queixosdegalicia.com
Como todos os anos, unha gran carpa alberga boa parte de postos e actividades por se o bo tempo non acompaña
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia