Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Hoxe', 5.000 queixos; mañá, outros 5.000

17/1/2016

0 Comentarios

 
Queixos de 'Hoxe' / queixosdegalicia.com
A 'Sociedade Cooperativa Hoxe´ fabrica arredor dun millón catrocentos mil quilogramos de queixo ao ano
'Hoxe' é unha empresa agraria rural de carácter cooperativo, radicada no concello de Lalín, que transforma en queixo o leite de vaca recollido nun cento de explotacións tradicionais agrarias situadas na comarca do Deza e nas súas zonas limítrofes. O resultado son os 5.000 queixos de moi distinta factura que como media pon cada día no mercado.

Non debe haber  fogar galego no que non entre algunha das súas referencias, e senón ás marcas, presentes en grandes áreas, supermercados e diversas tendas de alimentación. É o caso dos cremosiños 'Nai', 'Plus' e 'A queixeira'; o dos queixos de barra 'Hoxe', 'Neno', 'Neno semigraxo' ou do  'Neno parafinado'; do 'Curado Hoxe' e 'Livián Hoxe'; do denominado 'Lendas do Deza'; e, por suposto, do 'Arzúa-Ulloa Hoxe' e do 'Tetilla Hoxe', acollidos estes dous últimos ás respectivas denominacións de orixe protexida.

A cooperativa comezou a súa actividade no ano 1971, pero non se empezaron a facer queixos ata 1973. Nesta primeira etapa, lembra o seu xerente, o silledense Lito Andión, que arrancou o proxecto cos mellores gandeiros de toda a comarca do Deza. Eran arredor de 250 produtores.

 Creóuse a sociedade pola necesidade de vender leite, pero contaba tamén o colectivo con outros servizos. Non en balde se denominaba, entón como agora,  'Cooperativa de criadores de ganado selecto y comercialización de productos agrarios Hoxe'. Os seus obxectivos incluían a compra de gando, de fertilizantes e a comercialización do leite a unha ou varias empresas.

Cando apertaron os tempos de crise no sector lácteo e unha empresa que aínda mantén a súa actividade, deixou de recollerlle o leite, víronse obrigados a elaborar produtos que permitiran seguir comercializando o leite.

Foi entón cando se decidiron a montar  a queixería, que lamentablemente, funcionou pouco tempo. Os membros da directiva, co apoio dun técnico, decidiron facer un queixo distinto ao que había no mercado, o  queixo 'Jaroslav', que ao parecer se facía nunha zona de Polonia. Era salgado e duro. Todo o contrario ao que se comercializaba en Galicia, polo que tempo despois, debido á mala saída do produto, víronse abocados ao peche da coperativa, camiño de finais dos anos 'setenta'.

A cooperativa deu en creba, e a situación levou á unha división grande e a fortes enfrontamentos pola presidencia. Xusto nese momento, Xosé Pampín, de Vila de Cruces e actual presidente, xunto con outros socios, decidiron comprarlle aos demais a súa parte. O equipo asumiu as débedas existentes e botou a andar de novo o proxecto.

Menos gandeiros, máis leite

'Hoxe' ten unha elevada e variada produción de queixos que en máis dun 95% véndense en Galicia. A fábrica conta na actualidade con moito máis leite, pero con moitos menos produtores que antano. "Cando eu comecei aquí había máis de 200 gandeiros, e recollíase unha terceira parte do leite que entra agora, que aportan uns cen gandeiros", apunta Lito Andión.

A cooperativa adícase exclusivamente á fabricación e venda de queixos, ao verse perdido o mercado do leite pasteurizado fresco, por non poder loitar contra o leite UHT. Algo parecido pasou cos iogures, que aínda que se vendían ben, requerían uns prezos que a cooperativa non era capaz de asumir, igual que pasou no caso do queixo fundido.

Fanse todos os queixos con leite de vaca; nalgúns casos fíxose algún con leite de cabra e de ovella, de dúas explotacións que había en Silleda. Agora, tan só hai un queixo curado que leva un estracto de leite de ovella.

Dez millóns de litros anuais

Anualmente, 'Hoxe' recolle unos dez millóns e medio de litros de leite, que equivalen en queixos a arredor dun millón catrocentos mil quilogramos, o que supón mensualmente a recollida duns 850.000 litros é algo máis de cen mil quilogramos de queixo fabricados. A facturación sitúase nos seis millóns de euros. Sen contar os recolledores de leite, a cooperativa conta cun cadro de persoal na fábrica formado por 26 traballadores.

O 95 % da producción véndese en Galicia e vai en boa parte para Vegalsa-Eroski, Froiz, Gadis e Carrefour, e logo hai tamén distribuidores nalgunhas zonas que lle venden ás tendas.

Na ampla gama de produtos que ofece a cooperativa, os prezos son moi homoxéneos, coa salvedade do queixo 'Lendas do Deza', de maior tempo de curación.

'Hoxe' ten un primer premio ao mellor queixo de España de 2003, pero non participa desde hai anos na Cata de Queixos de Galicia, por entender que a mostra deberíase coller no mercado, afirmando que  se están preparando queixos para o concurso, que entende que "está totalmente adulterado". Non obstante, recoñece "o intento" da Xunta do pasado ano para cambiar o procedemento. 

Máis que en productos novos, a cooperativa traballa agora na optimización do sistema produtivo, cunha nova cuba, un novo centro de limpeza para facer o lavado de toda a fábrica, a climatización da sala de fabricación ou a recente introdución dunha nova cámara de maduración.
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia