No restaurante, na casa, no bar, o queixo potencia moito do que toca; só fai falla un especialista ou, no seu defecto, un ‘cociñiñas’ entregado.
Deixando de lado por un momento a socorrida e clásica mestura do queixo e o marmelo, o derivado lácteo combina ben con case todo nos fogóns. E as súas sutilezas no sabor, pódense engarzar con carnes, peixes, setas, ensaladas...
Non creo que haxa que esperar moito para proclamar que o queixo é unha das últimas brillantes aportacións ao mundo da gastronomía, nun terreo no que veñen empurrando outros moitos dos produtos estrela que hai en Galicia.
Hoxe vou comer un deses queixos galegos dos que non lle oín dicir a ninguén que o probase, que non é unha gozada, empezando polo sabor, a exuberencia e seu aspecto exterior. Hoxe -e xa sabes que non fai falla que te invite, porque coido que son un bo anfitrión- vou comer con San Simón (da Costa).Nesa maxia estamos. Se queres vir…, espérote en Vilalba.
A.S. Rocha