Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

"Inauguramos obrador para facer cousas novas"

7/5/2016

0 Comentarios

 
Maikel Fernández é  copropietario, xunto coa súa irmá Adela, de Queixería Prestes
Maikel Fernández, copropietario de Quexería Prestes / queixosdegalicia.com
Maikel Fernández Cuba, no seu posto de venda durante a XXII Festa do Queixo San Simón da Costa
Queixería Prestes púxose en marcha no ano 1991, apoiada por unha ampla tradición familar. Daquelas 20 pezas diarias que se facían no inicio do proceso, a empresa conta hoxe con varias fábricas, tres tendas estratexicamente situadas e unha cuarta a piques de abrir. Co queixo San Simón da Costa como produto estrela e iniciativas interesantes como o seu premiado queixo Azul, a fábrica aporta ao mercado  arredor dunha ducía de referencias, desde o tradicional queixo Patelo ata a tetilla, pasando por propostas como o queixo con pementón picante, o freso con pementa, o fresco con finas herbas ou o requeixo. E xa están a traballar en cousas novas, segundo adianta Maikel Fernández Cuba, responsable de Prestes xunto coa súa irmá Adela.

Cal é a estrutura empresarial e comercial de Prestes?
Temos un par de fábricas, unha onde empezamos, onde fabricamos queixo azul e queixos con mohos, e outra fábrica máis moderna, que está no polígono de Vilalba na que elaboramos outras refencias máis comúns. Temos tres tendas, unha en Santiago, na rúa Calderería, outra fronte ao parador de Vilalba e outra no centro comercial do Corte Inglés de . A cuarta  vaise abrir agora, no centro comercial de Catro Camiños da Coruña, no Corte Inglés.

E cando comeza todo?
Todo isto comeza no 2001, cos meus país, cunhas miniqueixerías, e pouco a pouco as cousas foron saíndo ben, fomos medrando pouquiño a pouco e fóronse facendo cousiñas novas...

Cal é a produción actual?
Agora mesmo estamos elaborando unha media de entre 18.000 e 20.000 litros de leite diarios.

Que traducido en pezas son?
Unhas 2.000, 2.200  pezas.

E que se fai?
O que máis se fai é San Simón da Costa. Tetiilla e Azul van despois, un pouco a parte.

O queixo Azul tivo un excelente recoñecento...
Si, fai dez anos quedou entre os 60 mellores do mundo e entre os dez mellores de España.

E que supuxo isto para Prestes?
Para nós, a nivel local tampouco é moito, porque é un queixo que non ten moita tradición de consumo. Pero fóra si que nos axudou bastante. Por exemplo, en Francia, un mercado onde nos é imposible vender nada, porque todo é pasteurizado...; a raíz do 'Azul', o importador, que é A Maison do Grouyère, empezou a cosumirnos 'Azul' e agora está a levarnos toda a gama. Iso axudounos aí e noutros lados.

No mercado exterior, canto se vende?
As nosas vendas fóra son, máis que aquí, dun sesenta por cento.

É moito ...
Agora mesmo, non temos unha persoa ex profeso para o mercado internacional, pero ímola volver coller. Tivemos unha. Non se lle oculta a ninguén que é complicado ter a unha persoa andando por aí. É algo complicado para unha empresa pequeniña, pero vaise volver coller.

Pero o produto estrela é o San Simón...
Si, pero agora, fóra, a estrela case é o Azul.

E onde se vende?
Estamos en Estados Unidos, Australia, Canadá e México. Son os principais consumidores.

Cantas pezas de queixo fai Prestes ao ano?
Unhas 300.000.

E cantas son de San Simón?
De San Simón da Costa creo que ano pasado certificamos 140.000 pezas.

Canto factura a empresa?
Entre 1,7 millóns e 2 millóns de euros.

A Tetilla, que tal se vende?
Ben, pero fóra é un pouco máis complicado.

A oferta de Prestes e ampla...
Si, hai manteiga, frescos,requeixos...

E moito máis...
Claro, hai unha referencia con pemento picante e facemos un 'Capricho da Chaira', como o Parmesano de Arzúa, un queixo que temén ten potencial...

E o Patelo...?
É un queixo máis local, que ten unha venda importante, incluso máis que a Tetilla...

Que proxectos inmediatos ten Prestes?
Agora, imos inaugurar un obrador para facer cousas novas.

É segredo , claro?
Si, primeiro, hai que empezar a sacar, a ver como saen os novos produtos?
​
E como se vende o queixo con pemento picante?
Ben; é un queixo particular, hai que probalo.
Maikel Fernández, copropietario de Queixería Prestes / queixosdegalicia.comImagen
Prestes conta con dúas fábricas e vende anualmente unhas 300.00 pezas de diversos queixos
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia