Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Do 'cáparo' ao San Simón da Costa

12/1/2020

0 Comentarios

 
Imagen
A.S.Rocha
Na comarca lucense da Terra Chá, onde se elabora un queixo afumado que se se producira nunha economía a escala internacional estaría a cotío  nas mellores mesas de medio mundo, hai tamén importantes propostas que pasan desapercibidas por que non se coñecen tanto ou case nada. Nin o seu nome. Deixemos fóra, xa que logo, o queixo San Simón da Costa e, por unha vez, tamén, ese 'patelo' que resume na nomenclatura chairense o queixo do país, o de Galicia de toda a vida. Pero aquí faise ademais un requeixo que ten tanta tradición ou máis que o 'San Simón' ou que o  'patelo'. Está igualmente outro produto rebuscado, tan clásico e antergo como descoñecido polo seu nome: o 'cáparo'. 

Dicir requeixo é dicir queixo fresco na comarca vilalbesa. Pero cousa moi distinta é falar do 'cáparo', termo que non recolle a Academia da Lingua Galega (RAG) e que na lingua de  Camões equivale a falar do coágulo protéico que se produce na fabricación do queixo. Ten unha segunda acepción, a de tona do queixo fervido que se come untada no pan. 

'Requeixo', 'requeixón' ou 'cáparo'

Sen afinar moito máis en cuestións de matiz, o responsable dunha das queixerías de San Simón Casta (Fontelas) , Javier Piñeiro López, lembra que o 'requesón' é na súa zona, é o que se chama 'cáparo'. Produto que na casa dos seus pais se preparaba fervendo o soro do leite. Iso non é, desde logo, queixo, nin requeixo. "O requeixo é un queixo fresco, moi fluído" que  queda líquido e que se emprega como sobremesa, sinala. E o desta zona e de culler (pola súa densidade).

O requeixo, afirma Javier Piñeiro, ten tanta ou máis tradición que o propio 'San Simón' ou o 'patelo'. Anos atrás, o 'San Simón'  tiña máis recoñecemento cara ao consumidor. Pero, na súa casa lembra que se facían os 'patelos' -sobre todo para o consumo familiar-, e o requeixo como postre para as festas e para degustar na casa.

O requeixo tiña moito éxito, porque cun "caldeiro de leite", sinala Javier Piñeiro- "facías unha sobremesa para toda a familia". E se a iso de lle engadía "que tiñas abellas e algunha colmea e producías algo de mel…", o resultado era un doce exquisito  para ocasións especiais.

Queixería Fontelas fabrica desde sempre o requeixo, que concibe como un produto artesán, laborioso, que non se presta de momento para traballalo a gran escala. É  produto de fabricación longa e moi artesano que ten destino en feiras, clientes e restaurantes, en boa parte de encarga. 

Imagen
O requeixo ten en Queixería Fontelas tanta ou máis tradición que o 'San Simón' ou o 'patelo'
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia