Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Lácteos O Casal: tradición na mesa

28/5/2017

0 Comentarios

 
Lácteos O Casal / queixosdegalicia.com
Lácteos O Casal, en plena exposición e venda dos seus productos na Festa do Queixo Arzúa-Ulloa 2017
Parafraseando o afortunado e esperanzador proverbio que vén dicir que por negra que sexa a nube, a chuvia sempre é branca, cabería defender que por complicado que o teña o sector lácteo galego para a proxección dos seus produtos, debe manter a súa tradicional excelencia. Hai que seguir póndoos en  valor, porque son bos, auténticos e, por se fose pouco, nosos. Lácteos O Casal é un deses exemplos.

Esta empresa familar, asentada no municipio coruñés de San Sadurniño, na comarca de Ferrolterra, adícase á fabricación e distribución de produtos lácteos desde 1982. Son produtos preparados con leite pasteurizada de vaca, da forma "máis artesanal posible", porque seguen a empregarse antigas tradicións e fórmulas que usaban os viciños da zona na preparación dos queixos para consumo propio.

Estas técnicas e coñecementos fóronse ampliando e mellorando por parte desta queixería. E para avanzar e seguir ofrecendo produtos capaces de sorprender, conta o seu xerente, Víctor Graña Cobelo, que houbo que seguir mellorando nas técnicas dos devanceiros, gañando calidade en moitas aspectos con cursos e horas de ensaios prácticos ao carón de mestres queixeiros artesáns de Galicia.

En definitiva, que Lácteos O Casal, ofrece algo cada vez máis estimado polo mercado, produtos tradicionais, cun grao de artersanía do que non están dispostos a renunciar e, con esas premisas, tentando abrir novos mercados para seguir medrando.

 Pero as circunstancias mandan, e a previsión a curto prazo é, cando menos, manterse en produción e vendas. A empresa factura actualmente arredor dos 600.000 euros ao ano, e a súa capacidade máxima de produción está nos 10.000 litros de leite diarios.

Produtos

En materia de queixos, a empresa ofrece un cremoso -que non está na denominación de orixe protexida Arzúa-Ulloa, por limitacións xeográficas-, un semicurado -que é máis tenro-,  requeixo, o queixo freso, a tetilla -neste caso baixo a denominación de orixe protexida-, o madurado e o queixo de barra.
E ten no marcado produtos novos: kéfir, un requeixo con mel xa preparado para o seu consumo e unha cuña de queixo de mezcla.

Este fabricante vende toda a súa produción en Galicia, fundamentalmente en Pontevedra e A Coruña, e segue a ampliar mercado tamén na Mariña lucense. A súa zona de venda natural está en Ferrolterra pero en calquer punto de Galicia se poden adquirir os seus produtos, requeixo incluído, en grandes áreas de distribución como Alcampo e Gadis.
Lácteos O Casal / queixosdegalicia.com
Adivíñase a cremosidade do gran queixo de O Casal encetado para a degustación
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia