Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Artelac, desde o "corazón de Galicia"

11/5/2020

0 Comentarios

 
Artelac Antonio Ferreiro / queixosdegalicia.comImagen
Antonio Ferreiro fabrica en Artelac, un ano con outro, entre 70.000 e 80.000 quilogramos de bo queixo
Artelac comezou a elaborar queixo, baixo a denominación Arzúa-Ulloa, en 2003, aínda que a actividade remóntase ao ano 2000, sempre na localidade de Outeiro de Amoexa, en Antas de Ulla (Lugo). "No corazón de Galicia", resalta o seu propietario, Antonio Ferreiro Ferreiro, quen lembra que daquela estaban á fronte do proxecto os seus pais, hoxe xubilados. O pai tiña as vacas, a nai facía algo de queixo, e de aí xurdíu o proxecto cara a comercialización do produto.

Antonio Ferreiro sabe ben que nas queixerías pequenas non ten sentido depender da materia prima de terceiros, polo que Artelac segue a manter gandería propia. E iso porque, fundamentalmente, do contario, "pérdese a esencia", e do que se trata é de poder controlar en todo momento o produto -desde o leite á venda do queixo no mercado-.

Madia que se poidera pensar de que nese control integral do proceso habería unha compoñente significativa en materia de plusvalía, argumenta este fabricante lucense que non se presenta na proporcionalidade que cumpriría. O que pasa é que se ordeña e se pode dispor do leite acto seguido e non hai que esperar ao transporte. Sempre con leite fresco, dispoñible se fose preciso mesmo os domingos. En resume, que "non se busca só o negocio, senón a calidade máxima no producto final", di.

Un ano con outro, e antes  da crise actual -no horizonte da celebración da última feira do queixo da Ulloa, que en 2019 se celebrou no concello lucense de Monterroso- este fabricante rexistra unha produción que oscila entre os 70.000 e os 80.000 quilogramos anuais.
Trátase dunha empresa familiar, que emprega a sete traballadores para atender tanto a explotación como a propia queixería.

Produtos

Como todos os fabricantes desta Denominación de Orixe Protexida, Artelac oferta o seu Arzúa-Ulloa tradicional, cunha curación de vinte a vinte e dous días. Dispón tamén  do queixo curado de nabiza, que gañou a última edición da Cata de Queixos de Galicia que anualmente celebra a Xunta. E está, por último, o queixo picante, fóra da denominación, pero un clásico xa entre os fabricantes desta zona e cunha interesante demanda desde moi diversos puntos de Galicia, como é o caso da Ribeira Sacra, onde os seguidores do viño de Amandi reclaman desde hai décadas a súa presencia. Pero está é unha historia que merece ser contada nunha próxima ocasión.
Ademais da pequeña distribución, Artelac, está presente nalgunhas cadeas, como é o caso de Gadis, Eroski ou Carrefour.
Queixos Artelac / queixosdegalicia.com
Da Queixería Artelac, en Antas de Ulla, saen o Arzúa-Ulloa tradicional, o curado e o picante
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia