Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Mazarico Queixos, a intensidade do leite cru

19/11/2016

0 Comentarios

 
Mazarico Queixos / queixosdegalicia.com
Esther García Gayoso mostra no 'Gastroutono' de Monterroso dous dos produtos da queixería
​Todo o que procesa Mazarico Queixos é leite cru, o que se traduce nunhas boas vendas. Leva traballando esta empresa familiar lucense, radicada no municipio de Monterroso, un ano baixo tal denominación. Acordou pasar da produción de leite á fabricación de queixo pola precaria situación que atravesan os gandeiros galegos, para os que é habitual que teñan que colocar o produto no mercado por debaixo do prezo de produción ou nunhas condicións dunha rendabilidade dubidosa ou tirando a nula.

A fábrica fai un queixo fresco -do día-,   un queixo cremoso con oito días de maduración e tamén un moito máis elaborado, que ten entre os tres e os seis meses de maduración.

Ofrece calidade e prezos máis que competitivos. En fábrica, por exemplo, un queixo fresco de arredor de 1,1 quilogramo véndese en torno aos cinco euros, un euro menos que o que costa o queixo con oito días de curación.

Co nome de Mazarico Queixos pasaron os impulsores desta pequeña empresa da produción de leite á elaboración de parte do produto,  ou dito doutro xeito, de perder diñeiro coa explotación a conseguir unha certa rendabilidade. Viven agora tanto da fabricación de queixos como da venda de leite. O cambio, esta nova experiencia, supón moito traballo, "pero estamos moi contentos", asegura Esther García Gayoso, que xunto co seu marido e a súa filla están á fronte desta marca comercial.

Producir máis, baixo a denominación Arzúa-Ulloa
A queixería está radicada no territorio da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa, que non contempla a fabricación de queixo fresco, que si vende moi ben Mazaricos Queixos, sobre todo porque está fabricado con leite cru. Non obstante, no futuro, esperan incluír na DOP algúns dos seus produtos, que poden encaixar na denominación.

Todo será cuestión agora de ir ampliando mercado, incrementar paulatinamente a produción e transformar o máximo posible do leite que produce Mazarico Queixos, con fábrica no número 44 de Sucastro, Güimil, Monterroso, onde está tamén a cabana gandeira, con algo máis de 90 vacas frisonas e pardo alpinas.

Mazarico Queixos / queixosdegalicia.com
O queixo madurado, de leite cru de vaca, ten ata seis meses de de curación
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia