Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

O 9 de outubro: Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente

21/9/2016

0 Comentarios

 
VIII Feira do Queixo do Eume / queixosdegalicia.com
Queixo e requeixo do Eume e mel de Goente volverán ser protagonistas o 9 de outubro nas Pontes
​O concello coruñés de As Pontes de García Rodríguez celebrará o próximo  domingo  9 de outubro a VIII edición da Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente, un encontro anual  no que ademais da exaltación destes dous produtos locais  prepárase unha ampla oferta gastronómica, con comida e merenda incluídas. As actividades lúdicas desenvolveranse ao longo de toda a xornada.

A feira abrirá ao público ás dez da mañá, con propostas como os postos de mel, queixo e artesanía, unha exhibición de motos e coches e un obradoiro de barro e candeas. Ás 11 da mañá terá lugar un obradoiro de elaboración de queixo para nenos.
​
Ás dúas da tarde, as mesas de inmensa carpa do recinto feiral é de esperar que estean xa abarrotadas de comensales para dar conta da proposta culinaria deste ano.  Velaquí os pratos: sopa, cocido, requeixo, mantecadas e freixós. O prezo da comida é de 20 euros e os nenos menores de 10 anos terán cuberto gratis.
En para os que chegaron tarde e para os que queiran recuncar, alá polas cinco da tarde, haberá meranda coa oferta do queixo do Eume e o mel de Goente -a parroquia na que se celebra a feira- ademais de mantecadas e freixós.

Obradoiro, exhibición canina, verbena

Pero unha hora antes, as catro,  comezarán os xogos populares, cun obradoiro de pintacaras e tatuaxes, xymkana de probas por equipos e o 'master class de Zumba Kids'.

A exhibición canina, ás seis da tarde, centrarase na instrución de obediencia e protección.  Unha hora despois farase a entrega de premios e, a partir das oito do serán,  a verbena, coa que se porá peche a edición do feiral este ano. 
VIII Feira do Queixo do Eume / queixosdegalicia.com
Os freixós tamén volverán ser na VIII Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente 'obxecto de desexo' gastronómico
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia