Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

O queixo do Cebreiro faise forte no Camiño de Santiago

24/2/2018

0 Comentarios

 
Queixo do Cebreoro / queixosdegalicia.com
Este queixo xa tiña gran aceptación hai séculos, e chegou a ser dos máis caros do mundo
A Consellería do Medio Rural e a Denominación de Orixe Protexida do Cebreiro comprometéronse a traballar na promoción do queixo ao longo do Camiño de Santiago. As liñas de actuación, que aínda se están a valorar, perseguen aproveitar o tremendo tirón que ten o paso da Ruta Xacobea polo concello de Pedrafita, para mostarlle aos peregrinos, as bondades deste produto que, polas súas especiais características, non pode máis que seguir avanzando en produción e vendas, sen perder a súa esencia.
 
No encontro,  Xunta e denominación de orixe analizaron a evolución deste selo regulador, que se puso en marcha en 1999 e que, segundo os últimos datos oficiais dispoñibles, produciu en 2017 un total de 74.000 pezas. O papel da Xunta neste proceso será o de colaborar na medida do posible para dar a coñecer esta denominación de orixe propia da montaña luguesa. 

Para o ano 2018, un dos obxectivos clave da denominación é reforzar a súa imaxe e distinguila daqueles produtores que non están inscritos na mesma. Iso,  porque se entende que a calidade e a orixe do produto só están garantidas naqueles casos en que o queixo estea identificado co distintivo oficial. 

O reclamo do Camiño Francés
A área de produción do queixo do Cebreiro céntrase nos concellos lugueses de Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Folgoso do Caurel,  A Fonsagrada, Láncara, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela. Estase a falar, polo tanto, da zona de entrada a Galicia da principal ruta de peregrinaxe a Santiago de Compostela: o Camiño Francés, que é o que se pretende explotar en beneficio dunha causa como a dun queixo tan excepcional como o do Crebreiro.

Este encontro, forma parte das reunión que mantén habitualmente a directora xeral de Gandería de Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, con todos os consellos reguladores para coñecer as necesidades e proxectos nos que poden estar interesados en desenvolver no ano en curso para favorecer as súas producións.

Dise deste queixo -e está documentado- que no século XVII era o cuarto máis caro do mundo e que os Reis Católicos, Carlos III ou Isabel de Portugal foron algúns dos monarcas que coñeceron e lle deron respaldo a este manxar, que andando o tempo foi quedando para o autoconsumo, ata chegar o memento dun novo impulso, grazas á iniciativa local.

Na actualidade son cinco as marcas acollidas a denominación de Orixe, Queixerías Castelo de Brañas, Marques de Cernadas, Santo André, Gran Despensa Real Abadía de Samos e Queixos Fonchave. 
O Cebreiro / queixosdegalicia.com
A poucos metros das pallozas do Cebreiro, entra o Camiño Francés, procedente de terras de Castela e León
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia