Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

"O queixo pode ser unha boa forma de saír adiante coa gandaría"

25/4/2016

0 Comentarios

 

Enrique Fernández Fernández, presidente do Consello Regulador da DOP Queixo Cebreiro 

Enrique Fernández, presidente da DOP Cebreiro / queixosdegalicia.com
Enrique Fernández, diante dos postos de exposición e venda da XXX Feira do Queixo do Cebreiro
O do Cebreio é queixo para sorprender, para descubrir, e ten, como o resto das denominacións de orixe protexidas deste produto en Galicia, a proposta do traballo ben feito, elaborado neste caso como se facía hai moitos anos e, afortunadamente, recuperado por mor dese cerne familar, local e se acaso comarcal, que impediu que desaparecera. Teñen que ser agora tempos de proxección do producto, de afondar na elaboración e de cautivar públicos e padales novos, e medrar, buscando saídas para produtores de leite que non están a pasabo ben e que deben pensar en valores engadidos,  nun futuro no que o natural e o bo non poden secundarios. Enrique Fernández, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Cebreiro cre no futuro, e no papel dos produtores de leite para reorientar a actividade e buscar saídas airosas.    
 
Comezar é case sempre é complicado, como arranca a denominación Cebreiro?
No ano 1989 o que é o queixo do Cebreiro estaba a piques de desaparecer, só quedaban tres ou catro persoas que o facían na casa para o seu propio consumo. Entón, o que fixeron un grupo de persoas interesadas neste produto tan típico da zona foi tentar que non desaparecera e xuntáronse para por en marcha unhas queixerías con fin de recuperar e seguir con toda esta tradición. Logo, no año 1991, logrouse que fose declarado este queixo como Produto Galego de Calidade, no ano 1999 como Denominación de Orixe e no 2008 como Denominación de Orixe Protexida.

E chegamos a 2016, con catro queixerías e perspectivas doutras novas...
Non queremos adiantarnos, pero dentro pouquiño, un ou dos meses, haberá novidades.

Cal é a produción de queixo da denominación?
Andamos nas 35 toneladas actuais ao ano.

É a produción de tres queixerías, non?
Si, porque a  cuarta aínda empezou un mes antes da celebración da feira deste ano. Ou sexa que si, os datos de produción son de tres queixerías.

Polo que parece, o futuro pasa por incrementar queixerías e produción...
Si, o futuro do queixo Cebreiro é moi optimista. Está unha quinta queixería que vai comezar e hai posibilidades de que abran outras máis.

E de que facturación, aproximadamente, estamos a falar?
Duns douscentos vinte mil euros, aproximadamente, no ano 2014.

Os datos son sempre esclarecedores. Un ano con outro, canta xente pode vir a Feira do Queixo do Cebreiro?
Resulta difícil de dicir. Son moitos os visitantes, milleiros, e cada ano máis.

E hai premios recentes, como é o caso da queixería Santo André...
Si, foi o ano pasado, en Madrid. Claro, o queixo do Cebreiro como é típico e  e como máis se coñece é o fresco. O que pasa é que agora  hai que empezar a coñecer ao seu irmán, descoñecido, que é o queixo do Cebreiro curado.

E entra na denominación?
Si, de sempre, no regulamento da denominación está o queixo fresco e o curado. Pero, que pasa?, que o curado, non se animaban a facelo, porque ten un período de curación, una merma bastante grande nese período de curación...

Pero o producto final e bó, cun sabor sorprendente,  moi distinto. E supón un valor engadido se é  capaz de gañar premios importantes, polo que se ve...
Efectivamente, non se imaxina un que dun queixo fresco do Cebreiro saia semellante queixo co seu sabor metálico, un pouco picante e distinto.

O do Cebreiro é un queixo moi peculiar e dun recoñecemento que lle vén de antigo. Ten imitadores?
Do que me pregunta, teño que falar dunha 'marabillosa' picaresca que comezou despois de que empezara a rexurdir de novo  o queixo do Cebreiro. Non me quero meter en maiores complicacións, porque, básicamente, encárgome do que é a denominación. Pero, ben, xurdiu unha picaresca de xente que se dedica a darlle a forma e a dicir que se trata de queixo do Cebreiro, e non é así. E desde a denominación estamos a facer o posible para loitar porque deixen de facer o que non é. Non é queixo do Cebreiro porque non respecta as formas de elaboración antigas nin nada, porque non respecta nada. Non ten nada que ver.
​
Hai fraude...
Non podes imitar pola forma nin dicir nin vender o que non é.

Onde se vende o tradicional, o amparado pola denominación?
Basicamente, véndese en Galicia e tamén en España. Pero co queixo curado pensamos en tentar chegar a  mercados máis lonxanos,  porque non se depende tanto da cadea de frío, como pasa co queixo fresco.

O queixo fresco limita o crecemento?
Na zona de produción que abarca o consello regulador hai leite para facer queixo de sobra, tanto agora como no futuro. Que pasa?, que é un queixo fresco, que precisa unha cadea de frío para transportarse. E pode que á xenta lle poida supor un pouco de medo e de respecto pensar na cadea de frío. Pero temos tamén a opción do queixo curado.

Cal é autonomía do queixo fresco?
Dous meses. A do outro é como a de calquera queixo curado.

E, polo demais, cales son as expectativas de cara un futuro próximo?
O obxectivo e seguir afianzando o noso queixo no mercado. Que a xente o coñeza e que se siga a transmitir que é un queixo cunha historia moi importante ás súas costas. Que a xente o coñeza, que coñeza o curado e que saiba que ten un abano de posibilidades na cociña inmensas.

Na cociña ten moito que dicir...
Claro. Está moi ben tomalo como sobremesa, como aperitivo, en ensaladas, con carnes, con peixes..., con todo o que se queira, porque ten unhas posibilidades na cociña tremendas. Hai que explotar moito todo isto.

Como motor da economía na zona de produción,  cal é o peso do queixo Cebreiro?
O queixo é importante. E estaría ben que a xente con explotacións gandeiras o vise  como una posibilidade de negocio. Xa que hai tanta problemática co precio do  leite, habería que pensar en que pode ser  unha boa forma de saír adiante coa gandaría.
​
O Venres Santo coindice sempre coa Feira do Queixo do Cebreiro?
Algún ano coido que chegou a ser un sábado, pero púxose o venres porque é festivo en todos os sitios.  Pero no caso que coincida coa feira daquí, que é o 5 e 21 de cada mes, se e a feira é 5, por exemplo, que é sábado, cámbiase. Senón é sempre o Venres Santo. En todo caso, na páxina web do Cebreiro pódese encontar con antelación a data e a programación. 

Enrique Fernández, presidente da DOP Cebreiro / queixosdegalicia.com
O presidente da DOP Cebreiro ve no queixo curado unha excelente aposta para seguir medrando
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia