Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

O San Simón acada en 2015 os seus mellores resultados

9/4/2016

0 Comentarios

 
Festa do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
A denominación, que celebrou a fin de semana a súa festa anual, produciu preto de medio millón de pezas en 2015
O San Simón da Costa pechou este fin de semana a XXII Festa do Queixo facendo gala dos mellores resultados anuais  rexistrados desde o inicio da denominación. Así, segundo o secretario da referida Denominación de Orixe Protexida, Ángel Ramil Castelo, en 2015 a certificación de queixos incrementouse nun 22 por cento (con 489.000 pezas en total), o que supón o maior incremento logrado, despois de que en 2010, coa celebración do Ano Santo Xacobeo, se conseguise unha subida do 29 por cento das vendas.

Nesta nova edición da festa de exaltación dos queixos de San Simón da Costa, déronse cita na vilalbesa Praza da Constitución oito das 11 queixerías  que forman parte desta denominación de orixe. Durante este fin de semana estímase que se puxeron á venda unhas 2.400 pezas de San Simón, a razón de 300 por queixería, se ben hai que ter en conta que cada produtor aporta outras referencias, entre elas o queixo de Tetilla, o queixo Patelo e as apostas por produtos novos que se van incorporando á oferta.

Pero como no caso do número dos asistentes, o número de pezas vendidas resulta difícil de precisar, xa que xogan factores tan determinantes como o tempo. En función de que chova ou non, o número de queixos vendidos pode chegar a duplicarse. Este domingo, a ameaza de chuvia ao longo da mañá, que se materializou pasadas as dúas da tarde, estímase que poido supoñer un 40 por cento menos de asistentes. Aínda así, contáronse por miles os visitantes, que puideron chegar aos 9.000, segundo estimacións.

Xunto coa Praza da Constitución, onde se levanta anualmente a carpa que acolle as queixerías da denominación, ademais doutros moitos postos de venda en boa media relacionados co mundo agropecuario, hai actividades moi diversas noutras tres prazas da capital da Terra Cha, o que contribúe a incrementar e diversificar asistentes en función dos seus gustos e aficións, aínda que a visita a zona dos queixos é cita obrigada e son moitos os que se achegan á festa coa idea de comprar queixo.

Visitantes de toda Galicia
Nos seus inicios, a festa de exaltación dos queixos de San Simón da Costa tivo un carácter máis local, pero andando o tempo, como sucedeu co capón de Vilalba, hai quen ven ex profeso para adquirir o produto.  Moitos deses visitantes proceden de zonas como A Coruña, Ferrol, a costa ou Santiago.

As queixerías de San Simón da Costa certificaron o pasado ano unha produción de 489.342 pezas, das que 339.212 eran as tradicionais  e 150.130, máis pequeñas, coñecidas como bufóns, segundo Ángel Ramil. A cifra de negocio situouse en arredor dos 3,6 millóns de euros. 
Festa do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
O tempo non axudou nesta XXII edición da Festa do Queixo, aínda que os asistentes contáronse de novo por milleiros
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia