Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Os queixos da Ulloa entran con forza na súa XXV edición

1/5/2017

0 Comentarios

 
XXV Feira do Queixo de Monterroso / queixosdegalicia.com
O recinto cuberto, centro das actividades, recolleu centos de visitantes ao longo da xornada dominical
Non faltou de nada nesta XXV Feira do Queixo da Ulloa, que se celebrou este ano no municipio lucense de Monterroso. E tal foi así que mentres que nas últimas feiras de exaltación deste produto galego brillou o sol, escintilou aquí, pero terminou por chover camiño do mediodía na capital do municipio; e caeu saraiba, e nas zonas máis altas da contorna, a auga neve fíxose patente.

Pero, dende logo, non faltou xente. Foron moitos os asistentes ao feiral, que encheron o multiusos circular, especialmente en momentos como o do pregón, a cargo este ano dun televisivo 'larpeiro', Adrián Díaz, dobremente benquerido, porque á súa particular retranca e facundia diante das cámaras da Televisión de Galicia, uníase neste caso a súa condición de nativo da zona. E de todo isto falou, e das súas andainas por Monterroso de hai ben poucos anos. Diso, e das bondades do queixo da Ulloa, ao que lle adicou o un dos mellores adxectivos despois de bo: natural.

Hai que lembrar que o queixo Arzúa-Ulloa, acollido á Denominación de Orixe do mesmo nome, é segunda marca en vendas de queixo de España, un aspecto fundamental no que fixo fincapé unha das invitadas no acto central do feiral, a conselleira do Medio Rural. Ángeles Vázquez, que falou dun queixo "inconfundible", e da importancia de apostar polo sector lácteo. Defendeu a transformación e a internacionalización dos produtos do agro. Todo iso, apostando pola creación do emprego e o asentamento no rural, pola calidade e polos produtos da casa "que son os mellores", dixo.

O alcalde de Monterroso, José Ángel Santos, nunha mensaxe igualmente proxectora, animou a todos os actores sociais e económicos defendan que a difusión do queixo, non sexa algo dun día "senón de todo o ano". Lanzada a mensaxe, convidou aos alcaldes de concellos limítrofes que acudiron ao feiral a promover iniciativas básicas como as catas comentadas nos colexios.

E neste labor, houbo para a ocasión exemplos moi importantes, como a boa cociña con queixo da Ulloa argumento de María Varela, do coñecido Restaurante de A Para da Bestas, cociña de autor que se atopa no municipio limítrofe monterrosino de Palas de Rei. Outra mosta interesante foi a de Paloma, subcampioa de MesterCher Junior 4.

Petiscos, ricos petiscos de queixo
Na liña dese lento camiñar para interesar a máis consumidores e mercados novos  nas bondades dos queixos, están as catas didácticas do queixo Arzúa-Ullloa. O concurso de pinchos, tapas e petiscos impartiuno o secretario-xerente do Consello Regulador da DOP, Óscar Pérez Ramil,  quen destacou que este año foron 18 establementos de Monterroso os que participaron, cunha cata que se desenvolveu entre as cinco e media e nas nove da noite do sábado día 29, con  membros  na cata como profesores dos ciclos de hostalería de Vigo e da Coruña ou un representante da Consellería de Cultura.

O gañador foi o restaurante Caracacho, coa tapa denominada 'Pementos recheos de bacallao e crema de queixo Arzúa-Ulloa, con gratén de Arzúa-Ulloa curado', que cualificaron os xuíces de 'espectacular'. O segundo posto foi para o pincho 'albóndiga rechea de queixo', do Bar A Taberna. A terceira posición foi para  'A brocheta de queixo Arzúa-Ulloa con fresas', do Bar Saaveda.
​
Coidado!
E ente tantos parabéns, en días de festa como o deste fin de mes en Monterroso, lanzan responsables sanitarios e denominacións unha diáfana mensaxe, non se poden por á venda queixos ou calquera outro producto para consumo humano que non conten con todas as medidas legais, pero segue sen ser así. É, por razóns obvias, algo moi grave, tan grave que pode converterse nunha cuestión de saúde pública, e con isto non pode xogar ninguén. As leis así o advirten. 
XXV Feira do Queixo da Ulloa / queixosdegalicia.com
O pregoeiro, Adrián Díaz, en plena intervención, que acaparou o interés dos visitantes
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia