Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Os queixos galegos van en Silleda

6/6/2019

0 Comentarios

 
Semana Verde / queixosdegalicia.com
A feira, á que acudiron na pasada edición máis de 100.000 visitantes, ofrecerá queixos das catro denominacións galegas
O municipio pontevedrés de Silleda puxo hoxe en marcha a XLII Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que arranca co respaldo de cifras tan significativas como as do ano pasado, con 710 expositores directos,  unha superficie ocupada de preto dos 18.000 metros cadrados, 200 actividades e unha asistencia que os organizadores consideran que sobrepasou amplamente os 100.000 visitantes. Dentro do mundo dos queixos galegos, que é o que centra fundamentalmente estas páxinas, hai, cando menos 13 fabricantes do país, moitos das catro denominacións de orixe protexidas, e outros como o de cabra ou tradicional requeixo das Neves (Pontevedra).

Complementan a oferta os  elaborados noutros puntos de España, como  Quesos Crego (Palencia) ou o de ovella Idiazábal (País Vasco e Navarra). Así que os amantes dos queixos galegos poden facer acopio neste feiral dos que elaboran A Cooperativa de Productos Campo Capela, Daniberto, Cooperativa Caprina, Cooperativa Hoxe, Doña Cobina, O Casal, Queinaga, Barral, Don Crisanto, Brigantia, Castelo ou a Cooperativa Agraria Condado Paradanta, que ofrece o seu tradicional requeixo. Non falta tampouco a liña de produtos lácteos de Larsa, que inclúe, xunto con iogures e leite, os seus queixos.

Recital de degustacións

Todos estes días, haberá diversas degustacións de queixos, fundamentalmente na caseta de Economía Social de Galicia. Alí acudirán  ao longo de cada xornada, produtores como a Sociedade Cooperativa Galega Cobideza (Dona Cobina), cos seus queixos e o seu requeixo; a Cooperativa Galega Condado Paradanta, co requeixo e o mel da comarca; ou a Sociedade Cooperativa Galega Productores do Campo Capela.

O domingo, xornada na que se espera a maior afluencia de visitantes,  terá lugar, por exemplo, a cata de queixo organizada por Hoxe, Sociedade Cooperativa Galega, con sede en Lalín (entre as 12,00 e as 13 horas).  Ás 12,30 está programada tamén unha degustación de produtos na caseta de Economía Social de Galicia, con propostas como a de Cobideza (queixos e requeixo) e a da Cooperativa Condado Paradanta (queixo e mel).

Ao longo da xornada dominical haberá outras oportunidades de degustar e mercar queixos, como a programada para as 18,30 horas, que consistirá na cata-maridaxe de queixos Hoxe coa sidra ecolóxica da Estrada (Sidra Camiño, Sidra Peroja e Sidra Rivela).  A experiencia, que promete, pode levarse á casa. 
​
Semana Verde / queixosdegalicia.com
'Hoxe' ofrecerá o domingo pola tarde unha cata-maridaxe dos seus queixos con sidra ecolóxica da Estrada
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia