Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Pacita': Un clásico dos queixos friolenses

1/1/2019

0 Comentarios

 
Queixos Pacita / queixosdegalicia.com
María Paz Pena Corral mosta dous dous dos seus produtos na última feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá
Queixos Pacita ofrece un produto familiar, tradicional, natural. Empezou hai máis de trinta anos, e foi en 2002 cando  montou a queixería. Trátase dun queixo elaborado con leite cru, de produción propia, artesano, que ofrece todas as posibilidades: fresco, cremoso,  semicurado e curado. E levan arredor de catro años cun novo produto, tamén de gran aceptación: o queixo picante.

Diariamente, fabrican entre 180 e 200 quilogramos de queixo e concentran os seus puntos de venda en parte en Galicia, Madrid, Barcelona ou Valencia. E venden tamén algún queixo fóra de España.

Arredor dun 5 por cento da produción desta empresa da parroquia friolense de Vilafiz, en Lugo -que conta con catro traballadores- vai parar ao mercado español. Unha boa parte da produción queda na súa zona de influencia natural. O sistema de distribución para o mercado próximo é a distribución propia, mediante furgoneta con frío. supermercados e tendas da contorna son os puntos de venda habituais dos seus produtos. Son vacas que están en pastoreo e hai detrás de todo isto o respaldo da certificación de calidade.

Consiste nunha produción tracional e limitada, xa que considera o fabricante que o máis importante é garantir sempre a calidade e o "exquisito" sabor das varidades que ofrece. Dispón de sala de ordeño propia, tanques de frío e procesado, así como dos controis sanitarios que garanten a calidade dun leite que se produce na montaña lucense, a 700 metros de altitude.  Ten 150 vacas propias en produción.

"Primeiro entre 'picantes'

Xunto coas bondades do leite cru e coa aceptación que ten esta modalidade de fabricación, Queixos Pacita ten tamén un bo número de entusiastas do seu queixo picante, do que pode alardear que se tata do primeiro destas características que se fixo en Galicia, segundo conta a responsable desta empresa familiar, María Paz Vega Corral, quen non dubida en sinalar que "este é orixinal", que agora hai copias, "pero que o orixinal é este".

A forza da feira de Friol
​
A celebración cada ano -e van xa 26 edicións- da feira dos queixos de Friol e tamén dun dos mellores pans que se fai en Galicia  (na parroquia de Ousá), foi e segue a ser un escaparate fundamental para a proxección do queixo da comarca en xeral e do municipio en particular. Friol está en terras da Denominación da Arzúa-Ulloa, aínda que non está acollido á mesma.

Neste medio século sobrepasado de feiral, veu ao municipio xente de toda Galicia, que foi coñecendo este queixo grazas ao evento. Agora véndese cada ano neste encontro moito menos producto, pero segue sendo importante nesa proxección exterior. Para a última edición da Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, Queixos Pacita levou uns 1.200 queixos.

Non desaproveita a empresa as novas tecnoloxías para vender por internet, con algúns mercados xa referidos como o madrileño ou outros como as Illas Canarias. Polo de agora, estas vendas prodúcense sen recargos, un aliciente máis para achegarse a uns bos queixos como estes. 
​
Queixos Pacita / queixosdegalicia.com
En primeira liña, o 'queixo picante' un clásico do fabricante que hoxe se imita
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia