Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Queixo, fume, Vilalba: ¡Acción…!

3/4/2023

0 Comentarios

 
Festa do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
O monumental San Simón da Coste enmarcou un ano máis a festa do queixo
QdeG/A. S. R.

A comarca lucense de Vilalba estivo en festas esta fin de semana, e clausurou o domingo unha das súas propostas gastronómicas máis traballadas: a da proxección dun queixo único ao que non lle faltan imitadores (ou imitacións) e que ten unha identidade e un xeito de elaboración propios que o converten nunha prestixiosa proposta nacional e internacional. E cal será o segredo?

O domingo, día grande, camiño das dúas da tarde, xa non había onde aparcar. Houbo posiblemente máis visitantes que na edición de 2022. A primeira impresión sobre o ano pasado é que houbo máis visitantes e que, entre estes, aumentou o número de compradores, en opinión do secretario-xerente da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa, Ángel Ramil.

Baixo palio, nunca ampla carpa para protexerse das posibles inclemencias meteorolóxicas, puxeron posto de exposición e venda sete das nove queixerías da DOP. Calcula Ángel Ramil que -como mínimo- cada unha puido chegar a vender 400 pezas, co que se estaría camiño dos 3.000 queixos despachados. Isto só no que se refiere ao produto estrela, xa que son numerosas outras propostas dos fabricantes locais: desde o queixo Tetilla ou queixo País ata un queixo azul, pasando polo requeixo, os curados, semicurados e vellos.

E houbo tamén queixos de cabra, de procedencia ourensá e múltiples referencias máis doutros puntos de  Galicia e de España.

Os prezos

A peza do San Simón da Costa oscilou este fin de semana en Vilalba entre os 15 e os 16 euros. En relación co feiral de 2022, este queixo tivo un custo de arredor de dous euros máis e non dubidou en sinalar algún fabricante que nos novos prezos non se repercutiu a totalidade dos incrementos da produción.

Os imitadores

Hai moitas imitacións do queixo San Simón da Costa pero, por agora, os que o tentaron non lograron conseguir aspectos clave como darlle ao produto o punto de afumado ou o da pasta.
​
O San Simón é un queixo único que se elabora desde hai moitos anos. Lembra Ángel Ramil que hai un obradoiro do concello de Vilalba que está recopilando información e que atopou documentos que falan da compra destes queixos en 1880 para mandar a unha exposición mundial a Chicago.

Festa do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
Queixería Casleiras, este domingo na festa vilalbesa

Festa do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
Queixería Prestes acudiu tamén ao feiral con múltiples propostas

Festa do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
Queixería Fontelas foi outro dos protagonistas este fin de semana

Festga do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.com
Lista de prezos da ampla oferta de Queixería Don Crisanto
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia