Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Queixos Campo Capela: novos produtos, máis fábrica

12/11/2017

0 Comentarios

 
Queixos Campo Capela / queixosdegalicia.com
Sen perder o concepto artesanal, 'Campo Capela' pasa de 1.000 a 3.000 litros a capacidade da súa cuba
A fábrica de Queixos Campo Capela está ligada, desde a súa posta en marcha, á Cooperativa de Produtos do Campo da Capela, unha das máis antigas de Galicia, que xa desde 1969 vén prestando sen interrupción a agricultores e gandeiros os servizos propios para estes colectivos. Despois de poñer nos últimos meses novos productos no mercado, o futuro da queixería pasa por ampliar a fábrica, aínda que teñen claro que nunca se irá cara a unha gran produción e que o sistema para a obtención de queixos e requeixos non vai variar, seguirá sendo artesanal.

Así o sinala Ana Vence, xerente da cooperativa, quen manifesta que a ampliación tiña que estar feita xa en 2016, pero que os graves problemas polos que pasou o campo galego o ano pasado, “que tamén nos tocaron a nós –alguén que non che paga e que case te funde”, argumenta, impediron avanzar no proxecto.
A reforma pretende ampliar un pouco o local, xa que o obradoiro é pequeño. Así mesmo,  a cuba de 1.000 litros pasará a 3.000. Por outro lado, "tamén pretendemos facer un mellor traballo de afinación do queixo, polo que precisamos ampliar a capacidade das cámaras", sinala Ana Vence.

Pese ás recentes dificultades, a xerente asegura que o grupo está rexurdindo e que este mesmo ano se conta con poder ter rematada a ampliación. A nova cuba será "máis xusta do previsto”, engade, porque a situación aconsella ir pouco a pouco.

Produción

Esta queixería procesa cada día uns cinco mil litros de leite, que se traducen, dependendo dos productos de cada ocasión, nunha media de 1.500 queixos diarios e ao redor de 1,8 millóns de pezas ao ano. A facturación anual está entorno aos 680.000 euros.

A fábrica aténdena seis persoas, ademais dos vendedores e outro persoal que traballa fóra das instalacións. A produción, co requeixo como estrela,  céntrase no que lle chama por aquí queixo plano, ou do país, que é o que vende máis 'Campo Capela' en Galicia.

Ofértase igualmente o queixo de chourizo e, este ano, o de nabiza, que cada semana se vai sacando da cámara, na que se cura, para lavalo en auga salgada. ‘A Capela’ vende igualmente queixo de Tetilla, o único de momento da denominación de orixe protexida que se fai con leite cru. Ademais do mercado galego, as vendas principais desta tetilla prodúcense en Madrid –en tendas moi especializadas, que tratan con esmero un producto natural que fai máis difícil a conservación-  e na zona do Mediterráneo.

O último en chegar á fábrica coruñesa foi o queixo ‘o mouro’, tenro, pero de máis maduración. Despois de diversas probas, leva meses á venda e xa se fixo acreedor a tres premios ata o momento.
​
Este mesmo ano,  tamen foi premiado o requeixo  pola organización Slow Food, que o incluíu na ‘arca do gusto’. Tamén está a queixería na Guía Repsol, no apartado de alimentos e bebidas, onde se pondera tanto o seu requeixo como a súa manteiga. 
Queixos Campo Capela / queixosdegalicia.com
'O mouro' é a última aportación da queixería , que empeza a mandar nas vendas e que xa ten premios
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia