Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Quesos Feijoo: setenta anos afinando padais

27/1/2020

0 Comentarios

 
Julio Alonso Feijoo / queixosdegalicia.com
O enxeñeiro técnico agrícola Julio Alonso Feijoo é o técnico de calidade da queixería celanovesa
Quesos Feijoo é unha das empresas mais antigas de Galicia na fabricación de derivados lácteos, con catro xeracións encargadas ata agora da elaboración dos produtos e máis de setenta anos ofrecendo uns queixos que se resumen en tres conceptos: calidade, artesanía e tradición. A fabricación sitúase nuns 200.000 litros de leite anuais (de vaca, ovella e cabra -cun 70% da de vaca-) e a facturación nuns 350.000 euros.

Co centro de produción na parroquia celanovesa de Acevedo do Río, 'Feijoo' compra o leite co que fabrica os seus produtos, e iso xa desde os anos 80, nos que xa contaba cun camión para recoller todo o leite da zona. Desde aquela, andando o tempo, e co o declive do campo na provincia de Ourense e, en particular da gandería, houbo que comprar o leite fóra, tanto o de vaca como o de ovella e o de cabra.

Trátase dunha empresa familar, con catro traballadores, entre eles Manuela Feijoo Hierro, a actual xerente, e o seu fillo Julio Alonso Feijoo, enxeñeiro técnico agrícola, cuxa función é a de exercer como técnico de calidade.

A queixería elabora máis dunha ducia de referencias, entre as que están, ademais dun 'Tetilla', un queixo madurado tenro (o tradicional 'queixo do país'), un semicurado de vaca,  un semicurado mezcla de vaca (30%) e cabra (30%), un semicurado ibérico, un 'glacé' (con castañas confitadas  e queixo de cabra feito crema como base) ou un requeixo. Unha das últimas incorporacións é un semicurado de cabra, co que gañou a finais de 2017 unha medalla de prata no World Cheesse Awards. Nese tempo empezou a fabricar tamén o semicurado Ibérico, que accedeu a outro galardón na feira mundial do queixo, neste caso na categoría de bronce, en 2019.

Alardea Julio Alonso Feijoo que na súa fábrica fanse queixos casteláns ou españois pero "co punto ou coa arte" galegas, con métodos e artes transmitidos polos devanceiros, pero utilizando uns tipos de leite que en Galicia non eran tan comúns, como o de cabra e o de ovella.

Mercado

Estes queixos véndense en boa medida na provincia de Ourense. Teñen un distribuidor en Nadela (Lugo) e pódense adquirir tamén na páxina web da marca comercial coa rapidez que esta nova modalide ofrece. O resto vai para á hostalería e para as pequenas tendas de barrio. O 'porta a porta' é a opción na que se apoia este fabricante - nesta fórmula descansa o 70% das vendas-, aínda que a idea é ir deixando pouco a pouco a modalidade.

A curto-medio prazo, é intención da empresa aumentar a produción, algo que se confía en que poida vir da man da exportación, cunha especial atención ao mercado americano,"o noso principal obxectivo", apunta Julio Alonso. 
 
 Receita monacal

Non lle falta lenda a este queixo, do que lembra  que se na zona do 'Arzúa-Ulloa' foron os monxes os que transmitiron a forma de elaborar o derivado lácteo á poboación, en terras celanovesas -co mosteiro de San Salvador presidindo a comarca-  cabe pensar que tamén aquí os coñecementos e o bo facer dos frades foi parar  ás  xentes que habitaban estas terras.

Requeixo

A empresa empezou a experimentar coa fabricación do requeixo nos anos 2012- 2013. Un ou dos anos antes, sinala Julio Alonso, que foi cando empezou a repuntar o requeixo das Neves e apareceron outros" tan bos" como o do Casar. E como nas feiras algúns postos tiñan requeixo á venda, a fábrica celanovesa empezou a interesarse pola súa comercialización, como reclamo  para poder vender outros produtos como o 'Tetilla' ou o 'queixo do país'. Este produto está xa asentado desde 2015  e na actualidade dedícanse uns 10.000 litros de leite anualmente á súa fabricación.

'Tetilla' amparado por Galicia Calidade
​
Desde marzo de 2016, Quesos Feijoo ten amparado o seu 'Tetilla' baixo o paraugas de Galicia Calidade, marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e/ou servizos que, pola súa elaboración na comunidade autónoma, pola súa materia prima ou deseño galegos, merecen esta distinción, unha vez contrastada mediante os controis establecidos.
 É un recoñecemento que a esta empresa lle aporta aspectos tan interesantes como poder contar con clientes en Madrid, Barcelona ou Alicante. O feito de ter este selo oficial da Xunta de Galicia sinala Javier que lle da un "plus" ao seu 'Tetilla' e que aos consumidores "gústalle velo". 
Quesos Feijoo / queixosdegalicia.com
Con este semicurado gañou Quesos Feijoo unha medalla de bronce na última edición da World Cheese Awards
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia