Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Requeixo das Neves: 16 toneladas en doses de 83 gramos

24/9/2017

0 Comentarios

 
Feira do Requeixo e do Mel de As Neves / queixosdegalicia.com
Na imaxe, caixa de tres unidades de requeixo de As Neves, de 83 gramos cada unha
Dicir requeixo das Neves é volver a vista cara ao pasado e lembrar un bo número de décadas -ata onde alcance a idade dos mais vellos-; remexer de nenos na cesta da compra, na que se adoitaba traer o peixe e a carne do mercado na procura entre as mercadurías dalgunha larpeirada. E alí se atopaba con frecuencia unha folla de verza envolvendo algo que logo soubemos que era a sobremesa. Si, requeixo fresco, que se preparaba con azucre e, se acaso, con mel, aínda que os maiores non escatimasen en regalo, literalmente, cun chisco de viño.

Como antano, hoxe segue habendo pequenos produtores de requeixo e non agocha o presidente da Cooperativa Agrícola Condado-Paradanta, Alejandro Martínez Rodríguez, que grazas ao seu labor se pode degustar aquel requeixo tradicional, que agora se  leva "a todos os puntos de Galicia" e "xa estamos presentes tamén en moitos puntos de España", afirma.

Desde hai máis dun cuarto de século, na capitalidade deste municipio do sur de Pontevedra,  celébrase a festa de exaltación do produto. Unha convocatoria con outra, son arredor de 10.000 visitantes os que pasan polo encontro. A maioría aproveita pra xantar e bota por riba o requeixo que é a sobremesa estrela da feira.  Tamén hai quen o leva para a casa, pero durante a xornada sérvense máis de 4.000 degustacións, con mel, arándanos, frambuesas, amoras ou grosellas, que tamén elabora a cooperativa agrícola.

A celebración non ten perda no calendario. Indefectivamente, na festivade do Venres Santo de cada ano exáltase este produto, que lembra Alejandro Martínez que se pode tomar en calquera momento do día: almorzo, xantar, merenda ou cea.

Son 16 toneladas de requeixo as que se producen anualmente. Cada cacho de queixo que se pon á venda -unha pequeno bolo- pesa 83 gramos. O prezo da ducia destas unidades é na feira de 13 euros. O requeixo véndese, tamén, por medias ducias e por cuartos, que era tradicionalmente a forma de facelo. As doce unidades van camiño do quilogramo de peso.

Cooperativa de base familiar
A Cooperativa Condado-Paradanta conta cunha ampla base familar. Perdeuse o cupo e o leite tráese agora de zonas próximas, onde existen unhas cualidades organolépticas moi parecidas ás de outrora, que fan recordar "os tempos de antes".

Coa pasta aceda que se elabora, "moi boa", en palabras de Alejandro Martínez,  poderíanse facer outros queixos. Pero non se quere dar o salto e facer outros produtos de moita calidade que xa fan outras marcas, porque pode que non se chegase a ese nivel. Por iso, "queremos seguir facendo o que sabemos e que é o no ADN, xa nos vén  dos nosos avós, ao carón dos que forman parte desta cooperativa", argumenta, porque "de feito, a que era a mestra queixeira ou requeixeira, era a miña sogra, e agora é a súa filla. E xa van facendo as súas prácticas, con 13 e 14 anos,  a miña filla e a milla sobriña, que están aprendendo a facelo.

Produto natural
No que se refire á conservación, "é a que ten que ter", posto que se trata dun producto con "leite, cuallo, femento lácteo e cariño", que non leva ningun conservante. A duración é, en estado óptimo, de quince días. E pódese levar a calquer punto de España dun día para outro. "Se se chama á cooperativa antes das doce da mañá, ao mediodía seguinte está no seu destino", asegura o presidente da cooperativa. O transporte pode ser gratuito a partir dos tres ou catro quilogramos solicitados. "O prezo é ao que se compra aquí", engade.
​
A conservación e óptima no frigorífico, a unha temperatura de 3,4,5 graos. O produto preséntase nunha caixa aberta, non termoselada, co que se pode utilizar unha parte e gardar o resto, ques se segue conservando.
Este requeixo é untuoso, con toques herbáceos e non ten sal. Ao contrario que outros de excelente factura que tamén se fan en Galicia, é  para comer con garfo e non con culler. En calquera, caso toda unha tentación para o padal. 
Feira do Requeixo e do Mel das Neves / queixosdegalicia.com
Alejandro Martínez, presidente da Cooperativa Condado-Paradanda, na edición da Semana Verde de 2017
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia