Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Semana Verde: novidades  en amarelo

13/6/2023

0 Comentarios

 
Casa Zolle / queixosdegalicia.com
Casa Zolle presentou na Semana Verde un equilibrado queixo ao pemento picante elaborado con leite cru
QdG / A.S.R.

A Semana Verde de Galicia (Silleda, Pontevedra) pechou as súas portas, cunha asistencia -nunha primeira estimación- de 100.648 visitantes (95.042 en 2022). Entre o xoves e o domingo pasados, o recinto contou con 740 expositores e entidades de dez países. A eles sumáronse 361 marcas comerciais representadas que, xunto coas empresas presenciais, ampliaron a procedencia a 24 países neste encontro multisectorial. E non volveron faltar os queixos, cunha representación significativa dos galegos, e con algunhas  novidades que os amantes do produto  valoraron e agradeceron.


Se o pasado ano propostas como o queixo con estrugas de Quesos La Montaña de Entrimo (Ourense)  sorprenderon ao público, nesta ocasión Casa Zolle, de Friol (Lugo), destacou cun queixo de leite de vaca cru con pimentón picante de La Vera (Cáceres), mentres que Queixos Castelo de Brañas (da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro) achegou un curado, que engade ao fresco de sempre. Larsa expuxo a crema de queixo San Simón afumado,  produto  de  moita aceptación que empresa promociona actualmente.

Houbo outras propostas, como a de Queixería Gaia (Vilar de Santos, Ourense), que foi un paso máis alá do seu queixo de cabra, para convertelo en delicatessen elaboradas con pesto, trufas, arandos, noces e mel ecolóxica, mazás ou castañas. Por non falar dos recoñecidos queixos de CampoCapela, que traballa agora, xunto co concello coruñés da Capela, na tradicional festa do requeixo de agosto do municipio coruñés. Abriu tamén posto de exposición e venda Quesos La Montaña de Entimo.

Queixos 'añejos', ecolóxicos, multipremiados

E pola banda da Terra Chá, presentou exposición no recinto feiral de Silleda a Queixería Don Crisanto, cun 'añejo' da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, difícil de atopar en ocasións pola súa limitada produción.

Cabe reflectir tamén neste último caso, o 'rédito' desta fábrica vilalbesa derivado do recoñecento hai varios anos do seu San Simón da Costa e do seu queixo madurado de vaca como  os mellores de España.

Unha vez máis, volveron acudir ao recinto feiral fabricantes como Dona Cobina (Agolada, Pontevedra), que ofreceu produtos ecolóxicos -incluíndo queixo Tetilla e Arzúa-Ulloa- elaborados con leite cru-; ou queixería Queinaga, que conseguiu dúas medallas de ouro na ultima Cata dos Queixos de Galicia. 

Houbo outros expositores -seguindo os datos da organización da Semana Verde- . Foron a queixería Brigantia (San Sadurniño, A Coruña);  Restrebas (Monfero, A Coruña), especializada na podución de requeixo; Queserías del Ulla (Vedra, A Coruña); e Lácteos Anzuxao (Madriñán/San Adrián, Pontevedra).


Queixos Castelo de Brañas / queixosdegalicia.com
Queixos Castelo de Brañas ofreceu ademais do seu Cebreiro tradicional fresco o anunciado queixo curado

San Simón afumado de Larsa / queixosdegalicia.comFoto
Ampla publicidade na Semana Verde da crema San Simón afumado de Larsa, que comparte cartel cun 'snack crujiente'de queixo semicurado

Queixería Gaia / queixosdegalicia.com
Queixo de cabra de 'Gaia' para todos os gustos: natural, con pesto, con trufas, con arandos, ...

Foto
Os amantes do queixo 'añejo' San Simón da Costa aproveitaron na Semana Verde a proposta de Don Crisanto

Queixería Queinaga / queixosdegalicia.comFoto
Expositor da queixería Queinaga, onde é 'ouro' case todo o que reloce

Queixería Dona Cobina / queixosdegalicia.com
Queixería Dona Cobina, un clásico do leite cru en clave ecolóxica

Quesos La Montaña de Entrimo / queixosdegalicia.com
La Montaña de Entrimo repetiu na Semana Verde, cun amplo repertorio no que non faltou o seu queixo de estrugas
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia