Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Semana Verde: o queixo no escaparate

9/6/2019

0 Comentarios

 
'Hoxe' na Semana Verde / queixosdegalicia.com
O público participa con interés na cata que ofrece Salomé Beiroa para queixos 'Hoxe' na Semana Verde
A feira internacional  Semana Verde de Galicia ten no seu conxunto unha destacada compoñente de escaparate, que volveu funcionar estes días con intensidade no seu Salón de Alimentación do Atlántico. E esta é unha dimensión que vai gañando tamén relevancia no mundo dos queixos galegos, onde as vendas no recinto de Silleda (Pontevedra) -que non deixan de ser importantes no cómpunto de resultados das empresas- van dando paso, cada vez máis a unha información completa de que compra e como se compra. Neste escaparate puxeron os seus ollos máis de 128.000 asistentes.

Porque a venda directa xa non importa tanto como a posibilidade de fidelizar ao cliente e educar, na medida do posible, os padais dos menos iniciados, abrindo novas propostas de consumo e gastronómicas. As catas comentadas, as intervencións de avezados cociñeiros ou novos produtos que lle dan ao queixo un papel relevante que antes quedaba para as sobremesas, non fan máis que gañar adeptos. Pero non cabe dúbida tampoco de que a degustación a pé de caseta feiral segue a ser un bo reclamo para atraer aos amantes do queixo.

E como en anos anteriores, xunto coa actividade de venda dos postos,  fixéronse propostas interesantes, como a da  'Hoxe', queixería lalinense que ademais de catas comentadas dalgúns dos seus produtos, presentou unha cata-maridaxe con tres sidras elaboradas na Estrada.

Outra das novidades foi a presentada pola Sociedade Cooperativa Galega Condado-Paradanta, da man do cociñeiro e directo colaborador desta empresa Fran Sotelino.  Presentou cremas centradas no requeixo das Neves (Pontevedra) que poderán mercarse axiña, incluída a vía dixital, xa que a referida cooperativa prepara unha páxina web que facilitará a compra dos seus produtos.

Este domingo, a modo de avance,  presentouse na Semana Verde unha crema con guacamole, maionesa, requeixo e chile jalapeño. Asegurou o impulsor da cooperativa, Alejandro Martínez, que os mestres queixeiros que probaron o requeixo das Neves aseguran que se trata dunha gran pasta aceda, coa que se poden facer moitas cousas.

A oferta en materia de queixos galegos gañou igualmente coas propostas que presentaron a Cooperativa de Productos Campo Capela, Daniberto, Cooperativa Caprina, Dona Cobina, O Casal, Queinaga, Barral, Don Crisanto e Brigantia. Non faltou tampouco a liña de produtos lácteos de Larsa, que inclúe, xunto con iogures e leite, os seus queixos.

128.000 visitantes

Ao peche da edición este domingo da XLII edición da Semana Verde, informou a organización que desde o xoves ata hoxe acudiron ao certame 128.066 visitantes, aos que lle hai que sumar algúns que se achagaron a través de determinadas entradas de autobús (uns 2.000) e tamén nalgúns automóbiles.
Tamén se procura neste caso -como se ve- andar cos tempos no reconto de asistentes, xa que o feiral contou nesta ocasión cun sistema de cámaras con 'software' intelixente situadas nas seis entradas do recinto que lle permitiron á organización obter as referidas cifras de asistencia.

Campo Capela Semana Verde / queixosdegalicia.com
Campo Capela é unha cooperativa que ten na fabricación a partir do leite cru un dos seus principais activos
Requeixo das Neves Semana Verde / queixosdegalicia.comImagen
A Cooperativa Galega Condado-Paradanta trouxo á Semana Verde novas propostas a partir do requeixo
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia