Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Tempo de queixos, tempo de premios

6/12/2018

0 Comentarios

 
Premios Cata de Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
Acaba de celebrarse a Cata de Queixos de Galicia deste ano; na foto, os gañadores do ano pasado
Cada ano, cando se achega o Nadal, hai tres convocatorias  importantes para  os queixos autonómicos. A primeira delas é a Cata dos Queixos de Galicia, que acaba de celebrarse e da que nunhas semanas se coñecerán os gañadores. As outras son o Word Cheasse Awards, con ampla participación e recoñecemento aos queixos galegos, e os Premios Alimentos de España, que anualmente desenvolve o Ministerio de  Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Na Cata dos Queixos de Galicia, que entrou este ano na súa XXI edición, presentáronse 70 mostras de 59 queixerías, das que 27 corresponderon á denominación Queixo de Tetilla, 19 á denominación Arzúa-Ulloa, nove á de Arzúa-Ulloa Curado, dez á de San Simón da Costa, catro á do Cebreiro e dúas á do Cebreiro Curado. A data da entrega dos premios aínda non se coñece.

Queixería Don Crisanto / queixosdegalicia.com
Don Crisanto vende este ano o mellor queixo de España, ao igual que xa o fixo en 2017
Premios Alimentos de España

Da convocatoria da que si se coñecen xa os gañadores é a dos Premios Alimentos de España 2017, que recoñecen a excelencia dos mellores alimentos de España, ao tempo que reivindican o papel clave da gastronomía.

A Queixería Don Crisanto, do municipio lucense de Vilalba (Lugo) recibíu o pasado xoves, 29 de novembro, o Premio Especial ao mellor Queixo de España, un recoñecemento para este produto da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa que se viu acompañado con outro galardón: o do mellor queixo madurado de vaca.
​
Pero non é a primeira vez que este fabricante da Terra Chá obtén o recoñecemento de ser o mellor queixo de España. Idéntico galardón lle correspondeu na cata do pasado ano.
​
Queixo O Mouro / queixosdegalicia.com
Toques de café e canela para o queixo galego máis destacado no World Cheese Awards deste ano
16 medallas nos World Cheese Awards 2018

E, dos mellores queixos galegos e españois, aos mellores no panorama internacional, xa que o pasado sábado, 3 de novembro, se celebrou en Bergen (Noruega) o concurso World Cheese Awards, un encontro do que sae, cada ano, o mellor queixo do mundo.

En total, sometéronse ao parecer do xurado un total de 3.472 queixos - 471 máis que na edición do ano pasado-, procedentes de 41 países.  

Dos galegos que se presentaron, 16 -pertencentes a 12 queixerías- lograron unha medalla.  A única de ouro foi para A Cooperativa Campo Capela, polo seu queixo O Mouro que tamén recibíu outra de bronce polo de Tetilla, elaborado con leite crú.

O reparto das 15 medallas restantes para os queixos galegos foi o seguinte:
​
  • Queixería Prestes: unha medalla de bronce (queixo de cabra); unha de prata (queixo San Simón da Costa);  e outra de bronce (queixo azul Lara&Sara).
  • Cooperativa Galega 'Como Cabras': dúas medallas de bronce polo seu queixo de cabra Touza Vella.
  • A Meixoeira Sociedade Cooperativa Galega: unha medalla de prata polo seu queixo curado
  • Quesos Feijóo: unha medalla de prata polo seu queixo de cabra semicurado en adega.
  • Queixería Cas Leiras: unha medalla de prata para o seu queixo San Simón da Costa.
  • Queserías Sarrianas: unha medalla bronce polo seu queixo curado de ovella.
  • Queixería Barral: unha medalla de bronce polo seu queixo Tetilla
  • Cortes de Muar: dúas medallas de bronce para os queixos Vello Marigold e Mimosa.​
  • Alimentos Ruta Xacobea: unha medalla de bronce para seu queixo Arzúa-Ulloa e outra, tamén de bronce, para o seu Tetilla.
 
 
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia