Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Terra de Melide': tradición en 'Arzúa-Ulloa' e 'Tetilla'

12/7/2020

0 Comentarios

 
Salvador Carreira,de Lácteos Terra de Melide / queiixosdegalicia.com
Salvador Carreira -á fronte de Lácteos Terra de Melide-, no último encontro anual dos queixos Arzúa-Ulloa, o único que se puido celebrar polo momento este ano
Lácteos Terra de Melide leva tres décadas xa regalando os padales galegos cos seus queixos. O seu inicio vai moi parello ao doutras fábricas hoxe en plena produción. Todo comezou en 1990, a partir dunha pequena explotación gandeira radicada na parroquia melidense de Orois, na provincia da Coruña. Coa chegada da cota láctea marcada pola Unión Europea, e diante da existencia dun excedente de leite, optaron por facer unha pequeña fábrica.

Non se establecera daquela a denominación de orixe protexida Arzúa-Ulloa, e estaba máis alonxada  aínda a posibilidade de producir baixo a denominación Queixo Tetilla. Desde que foi posible xa, ata hoxe, a base da fabricación céntrase no 'Arzúa-Ulloa' e no 'Tetilla', que venden tanto en cadeas de alimentación como a través dos distribuidores.

Boa parte do mercado teno esta fábrica en Galicia, con algunhas vendas en Madrid ou Barcelona, especialmente o 'Tetilla', que é o queixo da Comunidade Autónoma que ten un maior volume de venda no exterior.

Esta empresa familar dálle emprego a seis persoas e utiliza  case millón e medio de litros de leite anualmente  para facer queixos. Dos 50 quilogramos que fabricaba en 1990, aporta hoxe ao mercado -co paréntese da covid 19-  máis de 1.000 quilogramos diarios de produto. Desde hai dous anos, unha explotación do municipio de Arzúa véndelle leite de cabra co que fan queixos en función da demanda.

Non oculta Salvador Carreira, responsable desta sociedade limitada,  que o que máis se pide na zona é o Arzúa-Ulloa, polo que introducir o queixo de cabra é un proceso lento, aínda que se trata dun reto  asumido ao que  que non vai renunciar. Recoñece que neste último caso, o proceso de produción é mais caro e que  hai una forte competencia, con queixos que veñen de Castela e que levan xa moitos anos xa implantados.

Aínda que non ten produtos novos en mente, 'Terra de Melide' produce tamén queixo en barra  e elabora  o 'Arzúa-Ulloa' curado, un produto este último que a queixería fabrica desde hai tempo, que ten a súa demanda e que está á venda todo o ano. É un queixo cun período de curación de seis meses como mínimo e o seu prezo sitúase en arredor de dous euros máis que un Arzúa-Ulloa normal. E iso, por que hai que ter en conta que o peso vai mermando co tempo. Precisamente, porque merma moito, véndese por pezas e non por peso.

Aventuras non, novos mercados si

Nos tempos que corren, Salvador Carreira aposta por seguir reforzando os produtos cos que conta,  sen aventurarse a sacar outros novos. "Prefiro seguir co que xa está porque agora, ás veces, apóstase por cousas novas que empezan e desaparecen", di. En canto ao mercado, refire que se se pode, sempre se amplía.  

'Terra de Melide' espera abrir na fábrica  tenda propia para a venda dos seus produtos. A previsión era hai uns meses para este mesmo ano, pero pode que haxa que esperar algún tempo máis, por mor da pandemia. 

Imagen
'Terra de Melide' incorporou na súa oferta hai dous anos un queixo de cabra
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia