Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Todo preparado para a  Festa do Queixo Arzúa-Ulloa 2016

23/2/2016

0 Comentarios

 
Festa do Queixo Arzúa-Ulloa 2016 / queixosdegalicia.comA 41ª edición da Festa do Queixo celebrarase o 4, 5 e 6 de marzo
O programa da  41ª Festa do Queixo Arzúa-Ulloa está completo e practicamente pechado, unha vez que o pasado 18 de febreiro os seus impulsores presentasen os pormenores do encontro, que reunirá o 4, 5 e 6 de marzo  na vila arzuana moitos miles de visitantes procedentes de toda Galicia. En total, pasarán de 45 as queixerías participantes e serán 60 os postos de exposición do recinto feiral.

A programación comezará o 4 pola tarde, co 10 Concurso de Tapas e Petiscos ‘Festa do Queixo’, no que participan 25 establecementos de hostalería de Arzúa.  O sábado día 5, o recinto feiral ábrese ás 11 da mañá, con numerosas actividades ao longo da xornada, entre as que non faltará a inauguración oficial e o pregón, ás 13 horas e a cargo neste caso do coñecido debuxante ourensano José Lois González, ‘O Carrabouxo’.

Coa Festa do Queixo como referente, exposicións, obradoiros, concursos e xogos irán dando paso ás actividades musicais, para chegar ás 21,30 horas do sábado 5 de marzo, en que comezará o ‘Festival do Queixo’. Serán dúas xornadas de boa música de balde nas que intervirá xente como Nach (rapeiro alicantino), Miguel Campello (cantante de 'elbicho'), Andrés Penabad ou Luar na Lubre, que presentará  o seu novo disco('Extramundi') e que se encargará o domingo de pechar o festival.

Queixos de Galicia e do mundo
Como todos os anos, os queixos da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, así como os dos produtores  lácteos tradicionais, centrarán as actividades do recinto feiral 'Terra do Queixo', onde se darán cita tamén algúns dos mellores queixos galegos, españois e europeos.

Este mesmo recinto ofrecerá igualmente unha selección de productos alimentarios artesanais de primeira calidade, como é o caso de meles, licores, chocolate artesán, azafrán, conservas de Cantabria, doces de Portugal ou o bo facer dun mestre xamoneiro preparando un ibérico para acompañar o queixo. Tamén estarán presentes concellos, colectivos ou produtos convidados, tales como o melindre de Melide. 

Na semana previa á Festa do Queixo celébraranse outras actividades, como é o caso do 4º Ciclo de Cinema Clásico e as catas comentadas con queixo da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, dirixidas aos centros educativos.


0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia