Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Valado': un cremoso suave en burbulla de bidueiro

27/1/2019

0 Comentarios

 
Queixería Valado / queixosdegalicia.com
Félix Freire rexenta desde 2005, xunto coa súa dona, a Queixería Valado
Instalada no centro da parroquia que lle da nome á Denominación de Orixe San Simón da Costa, Queixería Valado ofrécelle aos amantes deste derivado lácteo a posibilidade de degustar "un dos mellores queixos de Galicia" e sinalan os produtores que, "posiblemente de toda España". Non en balde, 'Valado' foi galardoado co Premio Cincho de Ouro  ao mellor queixo curado de vaca na edición 2006 e conta tamén cun Accésit de Ouro aos mellores queixos españois de pasta prensada de vaca 2007, ambos do Ministerio de Agricultura.

Todos os queixos fabricados baixo esta denominación de orixe, co selo sempre da calidade,  teñen as súas propias peculiaridades. A elaboración de cada un marca gustos ben diferenciados entre os consumidores. Así que cada marca ten compradores incondicionais, dependendo de gustos e padales.

Para os entusiastas da Queixería Valado, boa parte do segredo está en que se trata  dun produto de sabor cremoso, suave e delicioso ao padal. É queixo afinado con madeira de bidueiro, cunha curación de 45 días como mínimo.

Esta fábrica vilalbesa púxose en marcha no ano 1992 e pouco despois pasou a formar parte da Denominación de Orixe San Simón da Costa. Como noutros casos, comezaron moito antes, cunha pequena produción, co leite das vacas que había na casa. Seguindo a produción tradicional e o ronsel familiar, a queixería está, desde 2005 en mans de Félix Freire Cuba e da súa dona.

A produción non pasaba nos inicios dos 40 ou 50 queixos por semana. E aínda hoxe segue a ser unha miniqueixería, cunha fabricación semanal de 200 a 300 pezas. Son en total entre 800 e 900 quilogramos de queixo ao mes, o que leva a unha produción anual que oscila entre os 12.000 e os 15.000 quilogramos.

O queixo San Simón da Costa reforza cada ano a súa presencia no mercado exterior, pero para un pequeno produtor como 'Valado' son diversas as dificultades que se lle presentan para vender noutros países, fundamentalmente papeleos e requisitos de alto custo, así como contar cunhas instalacións artesanais.

Esta fábrica compra na actualidade o leite para a fabricación dos seus produtos e aínda que non rexeitan incrementar a  produción algo máis, non ocultan a dificultade que iso supón, pagando autónomos, comprando unha nova cuba, producindo e  e vendendo o queixo á beira de fabricantes máis grandes… "Énos imposible todo", sinala Félix Freire.

'Valado' está no grupo exportador do queixo vilalbés de San Simón da Costa, pero o principal problema é que se lle pide ás empresas grandes o certificado para vender fóra, "que nós non temos", e que "é difícil de obter" e que ten tamén "un coste elevado", manifesta.

Un produto gourmet que precisa axudas á comercialización, non "subvencións"

Esta queixería vende o San Simón en pequenas tendas. O seu propietario entende que se trata dun produto exquisito, gourmet, que non debe estar nas grandes áreas comerciais. De feito, vende en pequenos establecementos. Non chega á media ducia o número de distribuidores cos que traballa e as vendas fanse todas en Galicia. Está tamén no comercio digital, nunha tenda colectiva, coa que 'Valado' colabora "puntualmente".  
​
Tampouco oculta Félix Freire que aínda que se podería facer fronte a un incremento da produción, o realmente complicado e sacar o producto ao mercado, porque cada vez hai que pagar máis, sobre todo pola vía impositiva, con custos cada vez máis elevados e ingresos cada vez menores. Por iso pide "que nos axuden", pero advirte que "eu non quero subvencións", senón axudas para comercializar o produto, coa a información más acaída e que permita achegar ao consumidor un queixo, que como o resto dos de denominación, vende alí onde estea. A calidade vai por diante. 


Queixería Valado / queixosdegalicia.com
'Valado´ pide e espera apoio á distribución, para colocar un produto de calidade doado de vender
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia