Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Verbas': cru, artesanal e ecolóxico

26/7/2020

2 Comentarios

 
Queixo Verbas / queixosdegalicia.com
Pilar Castro, Jesús Pereira e José Luis Segade traballan desde o verán de 2019 desde a SAT Latear no proxecto 'Verbas', queixo para comer e cantar
Velaquí un produto para comer e para cantar. Pódese tomar o enunciado ao pé da letra, xa que tras a degustación dun bo queixo do país e acalmada a fame, sempre deron os xantares, ceas e papatorias en xeral neste país para atacar unhas cancións populares na sobremesa. É mágoa que costumes coma esta, cantar logo de comer, estean a desaparecer. No lugar da Curiscada, parroquia de Berres, en terras arzuás, fai  camiño dun ano que saen uns queixos de fábrica coa proposta referida.

A Sociedade Agraria de Transformación (SAT) Latear, traballa desde xuño de 2019 neste proxecto. O resultado é o queixo 'Verbas'. Conta con fábrica propia e aínda que 'a curiscada' é un vento forte do norte, a explotación está xustamente ao outro lado de onde sopra o vento. Todo isto a catro quilómetros da capitalidade do nomeado municipio coruñés.

Do centro de produción sai, fundamentalmente, queixo semicurado, que se pon á venda despois de arredor dun mes. Está elaborado con leite crú, ecolóxico e non leva nada que non sexa leite, callo e sal.

Produción ecolóxica

Esta SAT está formada por tres explotacións que comezaron en 2008 a produción en ecolóxico e que sempre andiveron matinando na idea de pasar á transformación.  O leite, que se lle vende á Casa Grande de Xanceda, foise empezando a utilizar en parte para fabricación propia. De aquí san hai uns meses queixos artesáns. Múnguense as vacas e o leite vai directamente para a sala de callado, onde chega por gravidade, sen ningunha manipulación.

E aprovéitase a propia calor do leite, que sai cunha temperatura duns 32, 33 ou 34 graos,  que é a ideal para callalo. Isto, ademais dun aforro enerxético, permite que se manteña intacto e non perda calidade.

Jesús Pereira, de Gandería Pear; José Luis Segade, de Casa do Xordo; e Pilar Castro, de Gandería Curiscada, son os artífices deste proxecto. Entre os tres non chegan ás duascentas cabezas de gando. A produción de queixo é pequeña e a Casa Grande de Xanceda segue a ser receptora de leite.

En todo este proceso é fundamental, de cara ao futuro, dispor dunha rede de tendas gourmet nas que colocar os produtos.  Pero todo está a empezar para a SAT Latear, que saca moi poucas pezas para un mercado incipiente e que tivo na pasada Festa do Queixo de Arzúa a súa primeira experiencia. Santiago, A Coruña e Lugo son a curto prazo os puntos de venda nos que primeiro se pensou.

'Comer e cantar'
​

E queda por desvelar o segredo de 'comer e cantar'. Envolvendo cada queixo, a modo de etiqueta, lense propostas o verbas diversas, de poemas ou cantares populares galegos como: "O que é meu é meu e é teu, que non quero que andes dicindo, que tumba que dálle, que tal que sei eu" (cantiga popular / letra de O paraugas do Xosé); "Tamén eu choro, cando non alumean, meu ben, eses teus ollos" (cantiga popular / Letra de 'Fisterra', musicada por grupos como Treixadura ou Luar na Lubre);  ou "O mar tamén ten amores, o mar tamén ten muller. Está casado coa area, dalle bicos cantos quer" (Cantiga popular / O sacristán de Coimbra).
 
A esencia, agora e no futuro, será para esta SAT arzuá producir o leite co que elaborar produtos propios, baixo esas premisas de artesanía e ecoloxismo.
 
Queixo Verbas / queixosdegalicia.com
'Verbas' elabórase con leite cru, seguindo parámetros artesáns e ecolóxicos
2 Comentarios
Cándido villaverde otero
28/7/2020 20:52:07

Hemos tenido la suerte de degustar este queso. Para nosotros es inmejorable en cuanto a sabor, textura y, como no podría ser de otra manera, la calidad de sus ingredientes. Enhorabuena a todos los que participan en su elaboración . Desde Sanxenxo-Pontevedra

Responder
Emilio link
8/1/2022 13:25:40

Donde comprar el queso en Ourense

Responder



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia