A climatoloxía axudou e os vistantes responderon o sábado á convocatoria da II Feira do Queixo de Sillobre en maior número que en 2025, cunha ampla representación tamén de fabricantes e de produtos galegos. O resultado, xa que logo, cadra co período de consolidación e coa certeza de que en 2027 volverase celebrar o encontro nesta parroquia de Fene (A Coruña).
A visita das casetas, a degustación e a compra de queixos e doutros produtos de alimentación e artesanía só se víu ameazada pola chuvia aló polas tres da tarde, cun lixeiro aceno que se disipou pronto.
O mesmo que sucedeu na feira do ano anterior, a cocina en vivo e en directo volveu acaparar cara ao mediodía a atención de moitos visitantes, que seguiron as evolucións do cociñeiro José Loureiro, profesor da Escola de Cociña Icook de Fene, quen a partir do queixo fresco e do requeixo locais preparou unha boa sotelada de apetitosos petiscos.
En cuestión de vendas, A queixería local Sillobre -organizadora do evento, xunto coa Sociede Agarimo- malia un maior remanente de produto que en 2025, xa non tiña practicamente existencias aló pola unha da tarde. Así que cara a 2027 o máis prudente sexa deixar o pedido feito mentres haxa existencias. E, desde logo, cabería apostar e programar con tempo a asistencia e colaboración cun feiral que ten vocación de continuidade e o compromiso de seguir apostando pola economía da contorna.

Fuente RSS
